'En tierra extraña', de Juan Carlos Rubio en Pontevedra

ven04nov20:30'En tierra extraña', de Juan Carlos Rubio en Pontevedratempada abonos Teatro Afundación Pontevedra20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Enmarcada na Tempada de Teatro de Afundación Pontevedra,  a Obra Social de Abanca trae o venres 4 de novembro ao Auditorio Sede Afundación de Pontevedra ‘En tierra extraña’, de Juan Carlos Rubio.

«Juan Carlos Rubio lévanos, nunha viaxe musical, ás vidas de tres artistas imprescindibles da nosa historia»

1 h 40 min | Castelán | NRM 12

Concha Piquer desexa desde hai tempo coñecer a Federico García Lorca, o poeta máis solicitado do momento, para pedir que lle escriba unha canción. A través do convite do seu amigo Rafael de León, Federico acepta debido á grande admiración que sente pola mellor cantante de España.

A verdadeira razón dese encontro é avisar o escritor de que a situación do país é irreversible e que o seu nome figura en varias listas negras. A “xente coma el” debera fuxir ao estranxeiro o antes posible, pola súa propia seguridade. Porén, Federico pensa todo o contrario, asegurando que os ánimos se calmarán…

O texto de Juan Carlos Rubio estará interpretado por Diana Navarro, Avelino Piedad e Alejandro Vera, coa dirección de Julio Awad.

Entradas anticipadas e abonos á venda en Ataquilla.com

Esta tempada enmárcase en Cultura por Alimentos, un programa lanzado por Afundación Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obsectivo de contribuir a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Afundación convida a todas as persoas que asistan ás funcións a colaborar con esta campaña solidaria, doando productos non perecedoiros que poderán depositar na entrada do teatro.

Descarga aquí o folleto programación Tempada Abono Teatro Afundación Pontevedra Setembro-Decembro 2022.

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!