Ensaios de 'Aquí Cántase'

lun16maiConsultarmér03agoEnsaios de 'Aquí Cántase'cantos masivos na boa vila(Consultar) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Aquí Cántase’ chegou a contar cunha asistencia masiva nas últimas edicións e a idea é recuperar ese ocio e esa festividade que logran os cantos populares na rúa e nas prazas.

Así, 4 prazas da cidade, o 12 de agosto, acollerán catro recitais de cinco cancións. Ferraría, Curros Enríquez, Chariño (Teatro Principal) e a Leña (diante do Museo) serán os espazos para cantar todos e todas. En total, vinte cancións da música popular galega que soarán como nunca.

Ao igual que noutras ocasións, Maravallada invita á veciñanza pontevedresa a participar neste fito melódico a participar nalgún dos catro ensaios previsto antes da data. De 20 a 21.30 horas, o 19 e 26 de maio, 2 e 30 de xuño, no Centro Cultural O Gorgullón; e 18, 25 de maio, 1 e 29 de xuño; no Centro Cultural O Burgo —e 3 de agosto, ensaio xeral neste mesmo espazo—. Non é preciso avisar para acudir a estes ensaios.

Porén, todo aquel quen queira cantar só terá que pasar por algunha das prazas ese 12 de agosto. Serán repartidas as letras entre os asistentes, mais tamén haberá códigos QR en varios puntos das prazas para poder descargar as mesmas no móbil se alguén o prefire.


Hora

Maio 16 (Luns) - Agosto 3 (Mércores)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!