Entroido de Redondela 2023

sáb25feb17:00sáb23:50Entroido de Redondela 2023Concello de Redondela17:00 - 23:50 Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

As bases que regularán o Desfile de Comparsas e Disfraces de Redondela e o Enterro do Berete xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e dispoñibles na páxina web do Concello de Redondela.

prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de febreiro no caso das Comparsas e Disfraces de Redondela e ata o 15 de febreiro no caso do Enterro do Berete.

Para o Desfile de Comparsas e disfraces de Redondela que se celebrará os días 19 e 21 de febreiro, o Concello destinará un total de 10.500 euros distribuídos tanto en premios como en axudas ás comparsas que participen nos desfiles.

Para o Enterro do Berete, que terá lugar o sábado 25 de febreiro, o Concello destina un orzamento de 3.000 euros para os premios ás comparsas que participaron nos actos programados con motivo do Entroido de Chapela.



PROGRAMA ENTROIDO 2023 EN REDONDELA E CHAPELA

SÁBADO 18 DE FEBREIRO

  • 17:00 a 19:30 h. Entroido infantil e xuvenil. Obradoiros infantís na Alameda de Castelao.
  • 18:00 h. Entroido infantil: ‘A invasión pirata’, de Troula Animación. Pasarrúas por Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín.
  • 21:00 h. Festa do Entroido no Campo da Feira. 21:00 a 23:00 h. Grupo Gin Toni’s + Maneras de Vivir. O mellor do pop rock español, dende os 80 ata a actualidade. 23:15 h. Bulsara – The Queen Experiencie. Tributo a Queen. 00:45 h. Disco Móbil CDC.

DOMINGO 19 DE FEBREIRO

  • 11:30 h. Entroido infantil. Participa na mostra de disfraces infantil. Alameda de Castelao. Premios por categorías.
  • 17:00 h. Concentración de Comparsas no Campo da Feira.
  • 17:00 h. Animación musical: Asociación de Percusionistas e Tamborileir@s Aperta. Pasarrúas.
  • 18:00 h. Comparsa representativa do Entroido de Redondela ‘Tío Emilio’. Pasarrúas.
  • 18:00 h. Desfile de Comparsas. Rúas de Redondela.
  • 20:30 h. Entrega de Premios ás mellores Comparsas do 2023.

MARTES 21 DE FEBREIRO

  • 17:00 a 18:30 h. Desfile e Concurso de Disfraces individual e colectivo. Inscrición nos soportais do Xoncello desde as 16:00 horas. Entrega de Premios ás 18:45 horas.
  •  17:00 a 19:30 h. Obradoiros infantís. Alameda de Castela0.
  • 17:00 h. Animación de rúa: ‘As Meigas’. Cinco meigas percorren as rúas acompañadas dunha cacerola de feitizos xigante.
  • 17:30 h. Batucada Brassica Rapa. A primeira fanfarria galega 100% feminina. Pasarrúas.
  • 19:00 h. Queima do Meco: Pablo Méndez Performances. Saída dende a Praza de Ribadavia. Pasarrúas e espectáculo.
  • 20:30 h. A Duendeneta: Discoteca Móbil. Rúa Alfonso XII.

SÁBADO 25 DE FEBREIRO. ENTROIDO DE CHAPELA

  • 17:00 h. Concentración de comparsas no Alto da Encarnación.
  • 18:00 h. Percusionistas e tamborileir@s Aperta. Animación musical e pasarrúas.
  • 18:00 h. Comitiva do Enterro do Berete. Dende 0 Alto da Encarnación ata a Praia de Areal0nga.
  • 18:00 h. ‘Psychodelia’, de Troula Animación. Pasarrúas infantil dende 0 Alto da Encarnación.
  • 20:15 h. Queima do Berete na Praia de Arealonga.
  • 21:00 h. Grupo América de Vigo. Actuación no paseo marítimo de Chapela.
  • 00:00 h. Sesión DJ Charlie. Paseo marítimo de Chapela.

Hora

(Sábado) 17:00 - 23:50

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!