Entroido en Marín 2023

sáb18feb00:00sáb23:59Entroido en Marín 2023Concello de Marín00:00 - 23:59 Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

O Concello de Marín organizou unha ampla e atractiva programación de Entroido para todas as idades, que se desenvolverá entre os días 17 e 26 de febreiro.

Unha das partes máis representativas do cartel deste ano, obra de Luis Vilas, e en xeral de todo o Entroido 2023 en Marín é a famosa sardiña, xa que o Enterro da Sardiña está solicitada como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Precisamente, os centros escolares de Marín contarán con velorios e charlas sobre o Enterro da Sardiña entre os días 13 e 17 de febreiro, para poder achegarlles aos máis pequenos todo que se agacha detrás desta tradición, que é tan relevante dentro do calendario do Entroido marinense.

A partir de entón, os días estarán cheos de actividade!



PROGRAMA ENTROIDO MARÍN 2023

XOVES 9

  • 20:00 h. Entrega de Premios do Concurso de Orellas e Filloas no local do Ateneo, organiza Ateneo Santa Cecilia.

LUNS 13 Á VENRES 17

  • Velorio e charlas do Enterro da Sardiña nos Centros Educativos do municipio. Organiza Ateneo Santa Cecilia e Concello de Marín.

VENRES 17

  • 21:00 h. Cantos de Taberna polos bares de Marín. Organiza Concello de Marín e Saljariteiros.

SÁBADO 18

  • 16:00 h. Inscrición Desfile infantil no palco da música da Alameda Rosalía de Castro.
  • 16:30 h. Desfile Infantil, polas rúas: Alameda, Real, Praza do Reloxo, Sol, Concepción Arenal, rematando no Parque Eguren. (No caso de choiva, o desfile se cancela).
  • 17:00 – 19:00 h. Gran Festa Infantil no Parque Eguren, con música, animación e obradoiros, e filloas de balde. Organiza Concello de Marín. (No caso de choiva, trasladarase ao Multiusos).

DOMINGO 19

  • 12:30 h. Animación das Comparsas de Marín ‘Paparrulos’ e ‘Os da Caña’ polas rúas de Marín.
  • 16:00 h. Concentración de participantes do Desfile de Adultos na praza do Regueiro.
  • 17:00 h. Gran Desfile de disfraces e carrozas, polas seguintes rúas: Praza do Regueiro, Avda. de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal, rematando no parque Eguren coa entrega de premios. (No caso de choiva, aplazarase).

LUNS 20

  • Velorio do Enterro da Sardiña no Concello. Organiza Ateneo Santa Cecilia e Concello de Marín.
  • 12:30 h. Festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por ‘Pousos da Area’. Organiza “Amigos dos Rapaces” e Concello de Marín.
  • 16:30 h. Festa infantil coa música de ‘LOS COLEGUITAS’ na Lameiriña. Organiza “Amigos dos Rapaces” e Concello de Marín.

MARTES 21

  • 17:00 – 21:00 h. Tarde de LUDOXORNADAS e XADREZ no Museo M. Torres.
  • 18:30 h. Espectáculo CIRCOCIDO con TOM e SON e ao rematar chocolatada de balde. Organiza Concello de Marín.
  • 20:00 h. Entrega de Premios do Concurso de Orellas e Filloas no local do Ateneo, organiza Ateneo Santa Cecilia.

MÉRCORES 22

  • 17:00 h. Velorio do Enterro da Sardiña no Palco da Música.
  • 20:00 h. Enterro da Sardiña. Saída da Alameda, Jaime Janer, Busto de Abaixo, Dr. Touriño, r/ do Sol ata chegar á Praza do reloxo, onde terá lugar o pregón. Ao rematar saída por r/ Real, Almuíña, praza de España e despedida ao Mar.

SÁBADO 25

  • 16:30 h. Animación da Charanga ‘Noroeste’ en Seixo.
  • 17:00 h. Desfile de Entroido de Seixo, dende San Blas ata a Alameda de Seixo, organiza Grupo Cultural Ronsel. Na Alameda, homenaxe á Burra Chirica, lambonadas para a rapazada, rematando con sesión de música-baile.

DOMINGO 26

  • 12:00 h. Degustación do Bolo do Pote a cargo de Pousos de Area, na Alameda Rosalía de Castro, organiza Concello de Marín. (No caso de choiva, trasladarase ao Multiusos).
  • 12:00 h. Animación da Charanga ‘Jalácticos’ polas rúas de Marín.

PROGRAMACIÓN, INSCRICIÓN E BASES DO DESFILE


Hora

(Sábado) 00:00 - 23:59

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!