Entroido en Poio 2023

dom19feb17:00dom23:50Entroido en Poio 2023Saca o teu lado máis choqueiro17:00 - 23:50 Concello de Poio - Poio

Detalles do Evento

O Entroido de Poio volve cun dos calendarios máis amplos e variados de toda a provincia de Pontevedra, para ser unha vez máis unha das citas de referencia na bisbarra dentro destas emblemáticas celebracións e contar cunha gran participación.

Será o domingo 19 de febreiro cando se dea o pistoletazo de saída á festa, co Desfile de Entroido, no que se repartirán máis de 6.000 euros en premios.

O prazo de inscrición para o concurso ficará aberto desde o luns, 6 de febreiro, ata o mércores 15. Se ben tanto os individuais como as parellas terán opción de anotarse ‘in situ’ en Campelo o día do desfile, entre as 15.30 e as 16.00 horas, a anotación previa é indispensable para os grupos.


 PROGRAMA ENTROIDO EN POIO 2023 

DOMINGO 19 DE FEBREIRO

DESFILE DO ENTROIDO DE POIO

  • 17:00 h. Saída do desfile desde a praza da Granxa (Campelo). Entrega de premios e animación musical GRUPO FUSSION, ao remate na Seca. Organiza: Concellería de Cultura.

LUNS 20 FEBREIRO/COMBARRO

OBRADOIROS INFANTÍS DE ENTROIDO

  • 16:30 a 19 h. Comunidade de Montes de Combarro. Organiza: A.C. Ateneo Corredoira.

MARTES 21 FEBREIRO | COMBARRO

FESTA INFANTIL DE ENTROIDO

  • 17:30 h. Comunidade de Montes de Combarro. Organiza: A.C. Ateneo Corredoira.

VENRES 24 FEBREIRO | COMBARRO

ENTERRO DO MEXILLÓN

  • 20:30 h. Saída do cortexo fúnebre do porto da Canteira ata a praza da Chousa e posterior incineración. Acompañamento musical coas Comparsas de Poio. Organiza: A.C. Ateneo Corredoira. Colabora: Concellería de Cultura.

SÁBADO 25 FEBREIRO | CAMPELO – LOCAL SOCIAL

  • 17:00 h. FESTA INFANTIL DE ENTROIDO
  • 20:00 h. ENTROIDO NA VECIÑANZA. Concurso de Fachas e animación e “Presenta o teu prato creativo de Entroido”. Organiza: AA.VV. Campelo e Asociación de Mulleres Arela. Colabora: Concellería de Cultura.

VENRES 3 MARZO | SAN SALVADOR – C. XIRÁLDEZ

  • 18:00 h. FESTA INFANTIL
  • 20.30 h. ENTERRO DO BERBERECHO. Premios individuais e parellas (infantil/adulto). Acompañamento musical coas Comparsas de Poio. Entrega de premios, chocolatada e churros. Organizan: AA.VV. Lourido e Concellería de Cultura.

SÁBADO 4 MARZO

ENTERRO DO GALO FODORICO

  • 20:30 h. Saída do cortexo fúnebre do Sartal ata a Praza do Mosteiro, e posterior incineración.
  • 21:30 h. FESTA CHOQUEIRA con caldo popular e actuación do DÚO PRISMA. Praza do Mosteiro. Acompañamento musical coas Comparsas de Poio. Organizan: ACV Ronsel e Concellería de Cultura.

SÁBADO 18 MARZO | SAMIEIRA

ENTERRO DO GALO BRUXO

  • 18:00 h. Praza de Samieira. Acompañamento musical coas Comparsas de Poio. Organiza: SCD Samieira e Concellería de Cultura.

Hora

(Domingo) 17:00 - 23:50

Localización

Concello de Poio

Está pasando!