'Everlast' by The Bon Scott Band

sáb19mar21:30'Everlast' by The Bon Scott BandAC/DC Tribute Band21:30 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Cando en 1997 a Tite Castelló ocorréuselle a idea de formar unha banda de homenaxe a AC/DC xunto a Jordi Vázquez en ningún momento imaxinou o gran éxito que tería tal proposta e o vórtice de acontecementos que provocaría.

20 anos na estrada gañados concerto tras concerto, rebentando salas e prazas sen apenas parar, compartindo escenario con celebridades nacionais e internacionais, chegando mesmo a facer temas propios e a gravar un disco de versións de lendas do rock patrio contando coas colaboracións dos propios autores orixinais ,un “insultante” éxito en tempos nos que o termo “Banda tributo” como moito era de recente cuña e moito antes de que a excesiva proliferación deste tipo de bandas ameazasen con converter o citado termo en algo pexorativo.

Xa en pleno século XXI The Bon Scott Band volven marcar a diferenza lanzando o proxecto ‘Everlast’ que simboliza e garante en certo sentido a “perpetuación da especie” ao mesmo tempo que mantén a máxima calidade para que a marca The Bon Scott Band siga sendo sinónimo, como sempre , de palabras maiores…

  • Dani Martos e Armand Valeta: Voz
  • Gerard Valeta e Álvaro Valeta: Guitarra solista
  • J. Bernat: Guitarra rítmica/coros
  • Israel Leida: Baixo/coros
  • Tony Hurri: Batería

2 cantantes no escenario. 3 horas de rock.

Prezo: desde 18,00 euros. Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 21:30

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!