novembro, 2020

07nov23:00"Everlast" by The Bon Scott BandAC/DC Tribute Band 23:00 Sala Máster, VigoEvento tipo:Música

Detalles do Evento

Cando en 1997 a Tite Castelló ocorréuselle a idea de formar unha banda de homenaxe a AC/DC xunto a Jordi Vázquez en ningún momento imaxinou o gran éxito que tería tal proposta e o vórtice de acontecementos que provocaría.

20 anos na estrada gañados concerto tras concerto, rebentando salas e prazas sen apenas parar, compartindo escenario con celebridades nacionais e internacionais, chegando mesmo a facer temas propios e a gravar un disco de versións de lendas do rock patrio contando coas colaboracións dos propios autores orixinais, un “insultante” éxito en tempos nos que o termo “Banda tributo” como moito era de recente cuña e moito antes de que a excesiva proliferación deste tipo de bandas ameazasen con converter o citado termo en algo pexorativo.

Xa en pleno século XXI The Bon Scott Band volven marcar a diferenza lanzando o proxecto “Everlast” que simboliza e garante en certo sentido a “perpetuación da especie” ao mesmo tempo que mantén a máxima calidade para que a marca The Bon Scott Band siga sendo sinónimo, como sempre , de palabras maiores…

Prezo: desde 16,00 €. Entradas á venda en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 23:00

Localización

Sala Máster

Rúa de Urzaiz, 1, 36201 Vigo

Está pasando!