Exposición "Muller x Muller"

mér03novConsultarven31decExposición "Muller x Muller"Mirar doutra maneira a historia(Consultar) Sede de Vigo. Deputación de Pontevedra - Vigo

Detalles do Evento

A exposición “Muller por Muller” está integrada por 21 obras de Karen Knorr, Sue Packer, Susan Meiselas, Graciela Iturbide e Cristina García, cinco grandes referentes da fotografía contemporánea internacional que presentan o universo feminino representando ás mulleres como protagonistas dende o cotiá, a proximidade, confianza e a empatía. Deste xeito, a través da mostra, estanse a visibilizar ás mulleres creadoras, artistas, que foron silenciadas e ocultadas nos catálogos e nos museos ao longo da historia e, por outra banda, ponse o aceno nos relatos, contextos e obras artísticas protagonizadas por mulleres.

A Comisaria da mostra, Rosario Sarmiento, que foi a encargada de guiar o percorrido pola exposición, cualificou de excepcional que nova sala leve o nome de Maruja Mallo, “artista referencial para todas nós”, e fixo unha sentida semblanza das cinco fotógrafas que ofrecen en “Muller x Muller” unha mirada particular sobre Vigo e as súas mulleres.

Na exposición poderase apreciar a preocupación de Karen Knorr polo mundo das clases sociais; as imaxes da británica Sue Packer centradas naquilo que pasa desapercibido ou de maneira inesperada; a fotografía documental da americana Susan Meiselas; o continuo diálogo entre imaxes, tempos e símbolos da mexicana Graciela Iturbide ou as pezas cheas de vida, alegría e foza da española Cristina García.

Todas as pezas, que se poderán visitar na nova sala de exposicións Maruja Mallo ata o 31 de decembro, foron recuperadas para a ocasión por Rosario Sarmiento da colección do concello de Vigo “Vigovisións”, depositada nos fondos do MARCO, recollendo deste xeito tamén a testemuña do importante vínculo que existe entre Vigo e a fotografía.

Hora

Novembro 3 (Mércores) - Decembro 31 (Venres)

Localización

Sede de Vigo. Deputación de Pontevedra

Rúa Eduardo Chao, 17, 36202 Vigo

Está pasando!