xuño, 2020

"O mar nas coleccións de Arte ABANCA e Afundación"AGALERÍADurante todo o ano (2020) Exposición virtual, AgaleríaEvento tipo:Exposicións

Detalles do Evento

A exposición virtual “O mar nas coleccións de Arte ABANCA e Afundación” constitúe o que foi un reto para nós: achegar grandes obras destas dúas coleccións a cada recuncho do planeta, a cada casa, só con dispoñer dun ordenador ou un dispositivo móbil. Agalería, o espazo museográfico en que se exhibe esta exposición, está situada nunha contorna virtual única da costa galega.

Francisco Leiro, Pamen Pereira, Di Cavalcanti, Mario Granell, Joaquín Sorolla, Maruxa Mallo, Urbano Lugrís, Tino Grandío e Miquel Barceló son algunhas das e dos artistas que se representan nesta exposición. Unha experiencia excepcional para gozar da arte dunha forma novidosa. Agardamos que a gocedes!

  • Actividades educativas da mostra “O mar nas coleccións ABANCA e Afundación”

7 a 12 ANOS

– Xogo de pistas do Pirata Drake, o máis salvaxe dos piratas das costas do Atlántico. El propoñerache un xogo de enigmas e, ollo, non llo digas aos maiores! Conta como traballo escolar, pero eles non saben que é súper divertido. Son 4 xogos didácticos cun obradoiro.

Reto mariñeiro 1

Reto mariñeiro 2

Reto mariñeiro 3

Reto mariñeiro 4

– Contos e lendas sobre o mar.

A serea Maruxaina

Lugrisiño

Hora

Durante todo o ano (2020)

Localización

Exposición virtual

Está pasando!