decembro, 2020

10dec18:00"Fariña"Ponteatro 202018:00 Pazo da Cultura, PontevedraEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

O 5º espectáculo incluído no ciclo Ponteatro 2020 será “Fariña” que contará con 8 pases en total repartidos en 4 días: o 10,11, 12 de decembro ás 18:00 e ás 22:00 h. e o domingo 13 de decembro con pases ás 17:30 e 21:30 h.

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro “Fariña”, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século.

Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias, ademais do propio Touriñán.

“Fariña” non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre rapaces e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha.

O elenco de actores entran e saen da escea meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas…

O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade.

De pronto, en escea, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro. E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais.

Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao sair do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

As entradas que terán un prezo a partir de 18,00 €, sairán á venda nas próximas semanas en Ataquilla.com

↓ Descargas

PROGRAMA PONTEATRO 2020

Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra

Pazo da CulturaRúa Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!