Fat Freddy's Drop no Mar de Vigo

mér06xul21:00Fat Freddy's Drop no Mar de Vigociclo xacobeo vigo21:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Fat Freddy’s Drop é a banda máis popular que nunca xurdiu de Nova Zelandia e unha das máis grandes en directo.

Como unha fórmula máxica de receita secreta, a súa música contén doses indeterminadas de ingredientes tan saudables como o reggae, soul, funk, dub, jazz, rock e disco. Unha cantidade idónea de resultado 100% efectivo, disfrutable e estimulante que hai que vivir en concerto.

Fundada en 1999 polo carismático DJ Fitchie, Fat Freddy s Drop mantívose ao longo dos anos como un septeto que inclúe guitarra, batería, baixo, teclados, sintetizadores e tres ventos: unha trompeta, un saxo e un trombón. Partindo do reggae, o seu son evolucionou incorporando ritmos electrónicos como o house ou o techno. Destaca con forza a voz cálida de Joe Dukie.

A súa xira europea de verán é espectacular. Pasarán por 11 países; con xa varias datas sold out.

Entradas anticipadas á venda dende 24,20 euros en teuticket.com


Ciclo Xacobeo Vigo

Ciclo Xacobeo Vigo traerá á cidade entre os meses de xullo e setembro, a seis artistas e bandas internacionais de máximo nivel que situarán a este recinto no selectivo mapa das xiras internacionais.

As seis actuacións que pasarán polo Mar de Vigo son a banda neozelandesa Fat Freddy’s Drop o 6 de xullo, que estarán por vez primeira en Galicia, o americano e lenda do rock Steve Vai o 17 de xullo, a música sofisticada do bretón Yann Tiersen o 22 de xullo, a mítica banda escocesa Texas o 9 de agosto, a nova revelación internacional cubana Cimafunk 26 de agosto e as espectaculares percusións dos israelíes Mayumaná, que pecharán o ciclo o 18 de setembro.


Hora

(Mércores) 21:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!