Feira de Artesanía Chalana | © Atlantis Comunicación

Feira de Artesanía Chalana

mér20xul(xul 20)11:00dom07ago(ago 7)22:30Feira de Artesanía ChalanaConcello de Pontevedra(xullo 20) 11:00 - (agosto 7) 22:30 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

A Feira de Artesanía Chalana celebrará este ano a XV edición. A cita, que contará con 13 stands diferentes na Praza da Ferraría, permanecerá aberta desde o mércores 20 de xullo até o domingo 7 de agosto, cun horario de 11:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22.30 horas todos os días, sen variacións na fin de semana.

Este ano, e como é habitual, os stands porán para a súa venda elementos de coiro, tecidos, instrumentos musicais, esmaltes, cunchas mariñas, macramé, pintura, aloevera e xoiería; apostando a súa vez polos novos vendedores e as novidades dentro da artesanía galega e de todo o Estado.

A Chalana é un referente durante o verán na cidade, unha cita que permite achegar un produto artesán de calidade até a veciñanza e os visitantes que nestes días e os que veñen pasearán polas rúas de Pontevedra e pola Ferraría, un dos puntos máis coñecidos da Boa Vila.


Hora

Xullo 20 (Mércores) 11:00 - Agosto 7 (Domingo) 22:30

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!