maio, 2021

20mai21:00'O mozo da última fila'Ponteatro21:00 Teatro Principal de Pontevedra, PontevedraEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

A compañía Redrum Teatro pechará o ciclo Ponteatro coa representación do espectáculo ‘O mozo da última fila’.

Unha adaptación da obra de Juan Mayorga levada a cabo por Álex Sampayo, que tamén dirixe. Moi exitosa no seu percorrido pese á pandemia, conta no seu elenco co pontevedrés Guillermo Carbajo e Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado, Rúben Porto.

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que

Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Desde a súa estrea en 2006, ‘O mozo da última fila’ leva 26 producións por todo o mundo e foi adaptada ao cinema por François Ozon, con guión do propio Mayorga e co título “Dans la maison”, Concha de Ouro no Festival de San Sebastián en 2012. A obra foi escollida en 2018 dentro do plan de fomento á lectura en varios institutos de secundaria.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo único de 8,00 € (4,00 € para Carné Xove, desempregados/as e maiores de 65 anos) e de non esgotarse na billeteira física de 19:00 a 20:00 h. Por mor do protocolo COVID a billeteira ten que pechar unha ahora antes do inicio do espectáculo.


Os 3 espectáculos escollidos a través da Rede Galega de Teatro en colaboración coa AGADIC, terán lugar o 25 de febreiro, 11 de marzo e 20 de maio no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00 h. Os mesmos completarán a programación dos Domingos do Principal e Salón do Libro, así como a musical que se presentará máis adiante.

A nova edición do ciclo Ponteatro, normalmente celebrado durante o 2º semestre, comezará o 25 de febreiro cunha estrea, “Comando comadres” de Matrioshka Teatro, escrita pola polifacética e recentemente recoñecida co premio María Victoria Moreno, Lorena Conde. Unha peza en clave de humor que convida á reflexionar sobre o patriarcado.

Seguirá o 11 de marzo, con temática feminista tamén porque nunca é abondo nestes tempos pero resulta tamén acaído pola data con “Feminíssimas” de De Ste Xeito Producións, de Esther F. Carrodeguas. Unha comedia negra chea de risas pero tamén de reflexión”.

O terceiro, e último dos espectáculos terá lugar o 20 de maio con “O mozo da última fila” de Redrum Teatro e unha adaptación feita polo tamén director, Alex Sampayo, do texto de Juan Mayorga, representado en todo o mundo e sempre de xeito exitoso. Redrum é unha garantía do resultado e vai ser do agrado do público”.

As tres funcións levaranse a cabo segundo os aforos vixentes, de 98 persoas no Teatro Principal, para cumprir coas normas.

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!