This is a repeating event

Festa da Coca de Redondela

ven09xuñ00:00ven23:59Festa da Coca de RedondelaFesta declarada de Interese Turístico de Galicia00:00 - 23:59 Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

O programa da Festa da Coca 2023 destaca pola oferta musical e a aposta polos grupos locais como Chaleco Reflectante ou bandas máis coñecidas con grupos como Obús e Sínkope. Ademais das orquestras que continuarán sendo un éxito coa actuación de Bombai.

A alcaldesa Digna Rivas presentou o programa das Festas da Coca 2023 acompañada da concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, e representantes das alfombristas. Este ano o programa exténdese do 7 ao 11 de xuño caracterizado pola tradición e con atuacións musicas de bandas locas, grupos consolidados de rock e grandes verbenas.

As alfombras florais, a Danza das Espadas e a danza das Burras e as Penlas foron cualificadas pola alcaldesa redondelá como “os tres piares sobre os que descansa a Festa da Coca. A programación cultural e festiva é tamén importante pero sen eses tres elementos non estariamos hoxe aquí nin estariamos a falar da Festa da Coca”.

Digna Rivas agradeceu a presenza das persoas que representan os colectivos dedicados á “tradición de Redondela que a partir do 7 de xuño volveremos a desfrutar”.

O acto inaugural das Festas da Coca 2023 terá lugar o mércores 7 de xuño ás 20:00 horas coa lectura do pregón na praza do Concello a cargo das Sarillas, (equipo de veteranas do club SAR de Redondela). Seguido do acto solemne do Relevo de Burras no que Miriam Villar Martínez releva a Sonia Carrera Piedras. De seguido farase o merecido Homenaxe ás e aos alfombristas: Carmen Alonso Martínez e Salud, Alonso Martínez, Lila Rodríguez, Otero, Delia Vilas Barcia, Guadalupe, García Díaz, Antonia Fernández , Álvarez, Alejandro Hinrichs Gallego, María Martínez Fernández. Así como a homenaxe ao danzante da Danza de Espadas Rubén González Alfonso para rematar co acendido da iluminación da festa.


Presentación da Festa da Coca 2023 | © Concello de Redondela

O programa elaborado para esta Festa da Coca é “variado e apto para todos os públicos”, tal e como o definiu a alcaldesa Digna Rivas, ten a música como gran protagonista con concertos –todos eles no Campo da Feira– do Grupo América (mércores 7 de xuño ás 22:00h, Orquestra Saudade (xoves 8 de xuñp ás 22:00h); RMS (venres 9 de xuño ás 21:00h); Los Motores (venres 9 de xuño ás 22:00h); Sínkope (venres 9 de xuño ás 23:15h) , Obús (venres 9 de xuño ás 01:00h), Gran Parada (sábado 10 de xuño ás 21:00h); Chaleco Reflectante (sábado 10 de xuño ás 00:00h); Bombai (sábado 10 de xuño ás 1:15h); Orquestra Cinema (domingo 11 de xuño ás 22:00h).

Doutra banda, a Orquestra de Saxos de Redondela ofrecerá un concerto o mércores 7 de xuño ás 19:30 horas na Praza do Concello, mentres que unha das músicas máis tradicionais, como é a música de banda, terá un claro protagonismo cos concertos que na Alameda Castelao ofrezcan a Banda de Música de Arcade (sábado 10 de xuño ás 18 horas) e Banda de Música de Chapela (domingo 11 de xuño ás 18 horas).

Na noite do mércores 7 de xuño ao xoves 9 de xuño, terá lugar a confección das tradicionais alfombras de flores que encherán novamente as rúas redondelás de colorido e aromas florais e que permitirán que, o xoves 9 de xuño, Redondela esperte adobiada de auténticos tapices naturais para dar chegada a un día cargado de actos. Ás 12:00 horas terá lugar o Desfile da Coca, cos Mordomos e Dianiños acompañada por Xigantes e Cabezudos e o grupo de gaitas Airiños de San Simón. Logo da Misa Maior (Igrexa de Santiago de Redondela ás 12:00 horas) terá lugar a Procesión polas rúas adornadas coas alfombras de flores, acompañada pola Banda de Música de Redondela e deseguido A Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución. As alfombras florais tamén serán protagonistas o sábado 12 de xuño xa que será cando se elaboren nas rúas de Vilavella.


Hora

(Venres) 00:00 - 23:59

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!