O Demo percorrendo as rúas da Boa Vila | © Concello de Pontevedra

Festa do Demo en Pontevedra

mér23ago12:30mér23:50Festa do Demo en PontevedraPrazas de rúas do dentro histórico12:30 - 23:50 Centro Histórico de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Pontevedra terá unha nova oportunidade de confrontar ao Demo este 23 de agosto. A popular Festa do Demo volverá sacar a comitiva infernal polas rúas e prazas do centro histórico. Crianzas —e non tan crianzas— deberán aguantar as trasnadas do vermello personaxe, ao tempo que os máis valentes son quen de tirarlle do rabo.

Seguindo o programa previsto, ás 12.30 horas deste martes, o Demo sairá cos seus vasallos desde os arcos de San Bartalomeu para a continuación percorrer a zona monumental. Ás 20.00 horas, a comitiva volverá saír para facer de novo o nomeado percorrido, por se algunha crianza e demais ollos curiosos da Boia Vila perden a oportunidade pola mañá.

Ás 21:00 horas comezará o concerto de San Bartomoleu ofrecido pola Banda de Música de Salcedo na praza de José Martí. Media horiña máis tarde, ás 21.30 horas, iniciarase a Foliada do Demo cos Chichisose Faiscas da Ponterga na praza de Curros Enríquez.

A Festa do Demo é os seus 22 nos de historia simbolizan o éxito evidente que supón a recuperación de festividades e celebracións tradicionais, prohibidas e perdidas no seu momento. A Festa do Demo é un exemplo dese folclore popular tan noso, que cómpre manter vivo no tempo, ao demostrar a súa vixencia á hora de ofrecer divertimento e festividade nos tempos actuais, amosando unha preocupación pola etnografía pontevedresa.

No seu día, a recuperación desta cita foi un labor de investigación de enorme interese á par que complexo, perante a dificultade de atopar información sobre a celebración en si. O rastrexo principal levouse acabo a través do libro Pontevedra, boa vila, que conta cun texto de Vicente Risco e un par de ilustracións de Agostiño Portela. Por suposto, a veciñanza tamén axudou, sendo fontes orais de referencia, ao contaren quen era Dominguiños, un pontevedrés daquela época, que sempre exercía de demo. Este Dominguiños era un antigo aprendiz de electricista, logo vendedor de décimos de lotaría, mais lembrado na memoria popular por exercer de Lucifer chegado o momento adecuado, intre do que nenos e nenas fuxían, malia que tamén sabían que podían obter algún que outro agasallo del en forma de caramelo.

Hora

(Mércores) 12:30 - 23:50

Localización

Centro Histórico de Pontevedra

Está pasando!