novembro, 2021

20nov20:30"Festejen la broma"Joaquín Reyes20:30 Teatro Afundación, VigoEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

Joaquín Reyes presenta un novo espectáculo de humor como quedades? co cu torcido? Twisted ass?

Preparou con gran esmero unha amálgama de parvadas para deleite do seu querido público e tamén, dalgún descoidado que se meta no teatro buscando humor intelixente.

A pesar de ser xa un viejuno no mundo da comedia enténdese, Reyes non perdeu a frescura dos seus inicios chanantes isto quere dicir que segue facendo bromas sobre peidos? Efectivamente así é.

Ironía fina e tamén gorda, ideas “relocas” e cantigas nihilistas todo iso e moito máis é “Festejen la broma!”

A lombos dun pónei alazán percorrerá a gran maioría dos teatros do país, nunha xira onde se comprometeu a actuar sobrio.

Non o perdan e… festéxenno!

Prezo: desde 18,00 €. Entradas á venda en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Teatro AfundaciónRúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!