Festival A Revolta do Umia en Cuntis

ven25ago(ago 25)00:00sáb26ago(ago 26)23:59Festival A Revolta do Umia en Cuntis25 e 26 de agosto | Vilar de Mato, Cuntis00:00 - 23:59 (26) Concello de Cuntis - Cuntis

Detalles do Evento

O festival musical e cultural A Revolta do Umia, que se celebrará os días 25 e 26 de agosto en Vilar de Mato (Cuntis), ven de anunciar oficialmente a distribución de grupos por días, así como os horarios completos das actividades.

A devandita programación está dispoñible na páxina oficial do festival na sección https://arevoltadoumia.gal/horarios.

En canto á distribución de grupos por días, o venres 26 presentaranse Bellvitge, Pants Off (banda estradense), Solar Corona (PT), Loita Amada, Fillas de Casandra, Aphonnic, Ícaro e Xaby Dj.

O sábado 27 será a quenda para Igloo, Eladio y los seres queridos, Mundo prestigio, Dharmacide, Dani, Copa turbo, Gator the alligator (PT), Ortiga, Monoulious Dop e Duendeneta. Este último pinchará tanto na sesión vermú, como na última hora de peche do festival.

A organización continúa traballando na procura de novas actividades, que poderían sumarse ás publicadas oficialmente. Nalgunha delas as xestións están moi avanzadas, o que podería levar a novas sorpresas nos vindeiros días.

Os abonos, as entradas de días, as prazas para a zona camping ou de autocaravanas, os obradoiros ou as actividades que requiran reserva previa, poden adquirirse na web oficial do festival http://arevoltadoumia.gal.


Hora

25 (Venres) 00:00 - 26 (Sábado) 23:59

Localización

Concello de Cuntis

Está pasando!