Festival de Artes Escénicas Special Olympics Galicia 2023

mér14xuñ18:00mér23:50Festival de Artes Escénicas Special Olympics Galicia 2023Pontevedra, Vigo e A Coruña18:00 - 23:50 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

O martes 30 de maio, comeza en Pontevedra unha nova edición do Festival de Artes Escénicas, unha celebración da cultura e da inclusión, promovida por Special Olympics Galicia. 

Este festival de impulso social considera a arte, nas súas diversas manifestacións, coma un potente elemento de inclusión social, xa que favorece a integración e contribúe a romper estereotipos.

Apoiamos iniciativas coma esta pola súa intensa carga social, artística, emocional e en defensa da igualdade das persoas. Ademais, promóvense e adaptan os programas didácticos ás capacidades de cada persoa facendo, así, accesibles os contidos e actividades que teñen ás persoas con capacidades diferentes como protagonistas, poñendo o foco nas súas habilidades e favorecendo unha visión positiva da sociedade.


O festival dará comezo o 30 de maio, na Sede Afundación de Pontevedra, coa representación a cargo da Fundación Adcor de ‘A volta ao mundo en 80 días’.

Continuará o 14 de xuño, no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo, con Aceesca e as súas dúas agrupacións artísticas: Aceescatro Teatro, que representará ‘Pachulaeu’ e ‘Cabauñas’, e Aceescafolk, que ofrecerá funcións de canto e baile galego e baile moderno.

Finalmente, o festival porá o seu punto e final na Sede Afundación da Coruña o xoves 15 de xuño coa representación de ‘Romeo e Xulieta, hoxe’ a cargo do Centro Méndez Núñez.

Colle as túas entradas gratuítas en www.ataquilla.com.

Organizan | Afundación, Obra Social ABANCA e Special Olympics Galicia

Hora

(Mércores) 18:00 - 23:50

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!