© Festival Surfing the Lérez

This is a repeating event

Festival Surfing the Lérez en Pontevedra

sáb24xuñ00:00sáb23:59Festival Surfing the Lérez en PontevedraIlla das Esculturas | Pontevedra00:00 - 23:59 Illa das Esculturas - Pontevedra

Detalles do Evento

O festival Surfing the Lérez 2023 deu a coñecer o seu cartel completo aínda que aínda non se coñece a distribución de concertos por días.

Este festival solidario, que terá lugar na Illa do Covo de Pontevedra terá lugar os días 22, 23 e 24 de xuño, e contará con catro escenarios: dous principais, outro para os DJs e outro na zona infantil do festival.

Como novidade este ano incorporarase un quinto escenario dedicado ao público infantil, no que haberá contacontos, teatro e obradoiros infantís.

A oferta paralela do Surfing the Lérez completarase, entre outras actividades, co tradicional mercado artesanal ou o espazo gastronómico.

A entrada, como é habitual, será gratuíta pero haberá unha vertente solidaria, xa os seus responsables solicitan a todas as persoas que queiran asistir que entreguen alimentos non perecedoiros que, tras o festival, serán doados a entidades sociais da cidade.

Ademais, nesta edición, a produción do evento contará como traballadores para o evento con rapaces e rapazas da Asociación Juan XXIII, nunha nova colaboración na procura da integración e no fomento da diversidade laboral para persoas con Síndrome de Down.

O cartel desta edición foi deseñada pola artista Sara Moraña Docampo.

Bandas confirmadas Surfing the Lérez 2023:

  • Adrian Timms
  • Ariezzz
  • Boyanka Kostova
  • Cabeza de Gallo
  • Dakidarría
  • DJ Dinero
  • Doctor Explosion
  • Eggy
  • Escuchando Elefantes
  • Estudo Bonobo
  • Futuro Alcalde
  • Galician Army
  • Gorllitox
  • Helena Egea
  • Igloo
  • Insomnia Club
  • Jacobo Sainz
  • Johnny Throttle
  • La Casa de los Ingleses
  • LaMontagne & PicoAmperio
  • Larry Booowles
  • Lontreira
  • Los Mortymer
  • Maefield
  • Malandrómeda
  • Meu Cariño
  • Mundo Prestigio
  • Napalm
  • Nocturna
  • O Rabelo
  • Pablo Colorado DJ
  • Pablo Lesuit
  • Ronsel
  • Shego
  • The Rapants
  • Visi
  • Zeltia Irevire

Hora

(Sábado) 00:00 - 23:59

Localización

Illa das Esculturas

Illa da Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra

Está pasando!