setembro, 2022

Detalles do Evento

O festival está composto por diversas salas e recintos. Cada unha das mesmas aplica unha política de acceso de menores diferentes polo que se recomenda consultar previamente á organización antes de realizar a compra.

A compra da entrada supón a aceptación das condicións xerais presentes na web do evento festivalunderfest.es

Do 22-24 Setembro 2022, VIGO acollerá un ano máis o seu festival urbano por excelencia, na que será a 5ª edición do Festival Underfest Son Estrella Galicia e onde múltiples propostas de diferentes estilos pasarán polos escenarios máis importantes da cidade.

Tras os seus 4 exitosas edicións en 2018, 2019, 2020 e 2021, con abonos esgotados en todas elas, o festival Underfest Son Estrella Galicia continúa a súa aposta por ofrecer un formato especial e coidado, cunha oferta de calidade para diferentes tipos de público.

Na súa curta traxectoria, o festival vigués programou por 1ª vez en Galicia artistas internacionais de referencia como Slowdive, Benjamin Clementine, Peaches, Villagers, Helado Negro, The Mystery Lights, etc que xunto a nomes nacionais de primeiro nivel e o enorme talento local, conformaron os máis de 80 artistas que pasaron polo festival, enchendo os 21 recintos da cidade nos que se desenvolveu Underfest en tan só 4 edicións.

Entradas anticipadas á venda desde 30 euros en Ataquilla.com

Hora

Todo o día (Venres)

Localización

Concello de Vigo

Está pasando!