xullo, 2022

Detalles do Evento

Superado con éxito o reto da anterior edición de Vive Nigrán 2021, a organización, fiel ao seu espírito, regresa este 2022 coa 6ª edición do festival, que novamente se situará a escasos metros de Praia América, o seu incomparable escenario de cada verán no campo de fútbol de Monte Lourido os días 15 e 16 de xullo.

O festival contará unha vez máis co patrocinio de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas que busca reivindicar os encontros como algo esencial para vivir mellor, ademais do apoio do Concello de Nigrán.

Incluído no circuíto ‘Festivais Rías Baixas’, e dentro da marca FEST GALICIA, Vive Nigrán aúna e fusiona diferentes experiencias para todas as idades: praia, monte, mar, gastronomía, talleres e sobre todo boa música.

Artistas como Novedades Carminha, Nathy Peluso, Depedro, Sidonie, Viva Suecia, Morgan, Rufus T. Firefly ou Anni B Sweet xa pasaron polo festival.

Iván Ferreiro, Rigoberta Bandini, La Bien Querida, Cariño, Miguel Ríos, Karavana, Colectivo da Silva, Niña Polaca, Grande Amore, Eme DJ e Cool Nenas forman o cartel desta edición.

CONCERTOS VIVE NIGRÁN 2022

Venres 15

  • Iván Ferreiro
  • Karavana
  • Colectivo da Silva
  • Grande Amore
  • Cool Nenas

Sábado 16

  • Rigoberta Bandini
  • La Bien Querida
  • Niña Polaca
  • Cariño
  • Eme Dj

Domingo 17

  • Miguel Ríos & The Black Betty Trío

Entradas diarias anticipadas e abonos á venda en vivenigran.com


Hora

Todo o día (Sábado)

Localización

Campo de Fútbol de Montelourido

Rúa Lourido Beiramar, 27 36370 Nigrán

Está pasando!