abril, 2021

17abr17:00"Fiesta Party"PICA PICA17:00 Auditorio Sede Afundación, PontevedraEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

O grupo infantil Pica Pica presenta o seu novo espectáculo “Fiesta Party” coincidindo coa saída do seu último DVD+CD.

Esta vez os nosos queridos amigos Nacho Bombín, Emi Bombón e Belén Pelo de Oro están de sorte, porque gañaron unha marabillosa viaxe en barco cruceiro.

Destinos exóticos, aventuras trepidantes, risas de socato e bailes “picapicosos” son os ingredientes deste fantástico cruceiro.

12 novas cancións para seguir gozando da música xunto aos teus amigos de Pica Pica con temas como: “Pinocho fué a pescar”, “Todos los patitos”, “Fiesta Party”, “Sevillana Holandesa” e moitas máis. Ademais dalgúns dos seus grandes éxitos internacionais.

Con máis de 4.500.000 subscritores e 3.500.000.000 de visualizacións na súa canle oficial de Youtube (Pica Pica Oficial), son os youtubers infantís do momento, que xa teñen no seu poder o Premio Botón de Ouro.

Prepárate para pasalo en grande co show… “Fiesta Party”

Prezo: desde 17,00 €. Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 17:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Auditorio Sede AfundaciónRúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!