'Foliada da Memoria' en Moneixas
Detalles do Evento
A Deputación de Pontevedra, a través do programa ‘O Pasado Por Vir’ do departamento de Memoria Histórica, vai facer unha homenaxe á música represaliada, a artistas de todo o país que padeceron a represión
Detalles do Evento
A Deputación de Pontevedra, a través do programa ‘O Pasado Por Vir’ do departamento de Memoria Histórica, vai facer unha homenaxe á música represaliada, a artistas de todo o país que padeceron a represión franquista.
E vaino facer con alegría, devolvendo a música furtada e centrando o discurso na vida das vítimas para contar o soño colectivo daquela sociedade efervescente de inicios do século XX que tronzou o franquismo.
Será cunha ‘Foliada de Memoria’ o vindeiro sábado 2 de xullo en Moneixas (Lalín).
Será un acto interxeracional, como a propia transmisión da memoria, no que se pretende contar con veciñanza de distintas idades.
Haberá actividades todo o día para todos os públicos e homenaxes non só á xeración arrebatada senón tamén á quen tomou o relevo e non deixou que a música cesase de sonar.
A actual agrupación dos Dezas de Moneixas e a súa escola farán vibrar as gaitas e a percusión en honor de quen xa non están.
E todo conducido por Xurxo Souto.
Medre a memoria!
Nota: Haberá autobuses para toda a xente doutros lugares da provincia que queira desprazarse a Moneixas. Terán que anotarse antes do 20 de xuño no enderezo electrónico memoriahistorica@depo.gal indicando o lugar de orixe.
O PORQUÉ DUNHA FOLIADA
Homenaxeamos ás vítimas – non só da nosa provincia senón de todo o país- cunha foliada para recuperar a festa que nos furtaron.
Porque pensamos que non hai mellor xeito de lembralos que coa súa música, con festa e alegría.
E ninguén mellor para facer de mestre de cerimonias que Xurxo Souto.
ONDE A FACEMOS
Escollemos Moneixas, en Lalín, por ser de alí a agrupación que tantos actos fixo con Xesús Froiz, no tempo en que pensaban que aínda era posible o soño da República e do Estatuto.
Non puideron acalar as súas gaitas. A agrupación volveu rexurdir e malia os atrancos aínda hai hoxe unha formación que leva por todo o país o nome dos Dezas de Moneixas, e ademais con moita xente moza, e crianzas que garanten que a memoria ten futuro (Medre a memoria que diría Xurxo Souto!)
QUEN NOS AXUDA
A agrupación Os Dezas de Moneixas está totalmente implicada con esta homenaxe e tamén o Concello de Lalín. A ambos, grazas. Tamén a Eli García, ilustradora do cartaz.
QUE IMOS FACER?
Unha festa o día enteiro!
VÍTIMAS QUE LEMBRAREMOS EN MONEIXAS
- Constante Moreda, o gaiteiro de Cabral, asasinado en decembro do 36 no Castro de Vigo, xunto ao seu pai, Manuel Moreda Outeiral, e o seu irmán, José Moreda Vázquez.
- Manuel del Río Mandayo experto carpinteiro e gaiteiro afeccionado, detido e paseado o 5 de outubro de 1936, por ser o responsable local da UXT e do PSOE de Ordes.
- José Gómez Avelaira, integrante dos gaiteiros de Xinzo da Costa (Maceda), paseado en Sarreaus (Ourense).
- Xesús Froiz, promotor dos Dezas de Moneixas, que sempre o acompañaban nos mitins do Partido Galeguista, tamén asasinado.
- As irmás Pastora e Cándida Cordal que, cantando, bailando e tocando a pandeireta, eran o centro de todas as festas. Pero naquel verán do 36 en que se impuxo o silencio quedaron na casa e os falanxistas sacáronas da cama e obrigáronlles a tocar a pandeireta e bailar espidas unha xota. No campo da Festa para que todo o mundo as vira.
- Pilar Navieira Golán, muller do gaiteiro paseado en Ordes, a quen tamén lle gustaba tocar a pandeireta. E a a súa irmá Maruja del Río Mandayo,. E a súa nai, Dolores Mandayo Montero, que gardou para sempre a trenza cortada polos falanxistas. Logo de rapalas, obrigáronas a desfilar polas rúas facendo o saúdo fascista e dando vivas a España e a Franco, entre as burlas dos falanxistas.
O PROGRAMA, PASO A PASO
01.- ALBORADA: Empezaremos a xornada con catro agrupacións da comarca (Os Dezas, Arco de Merza, Varacuncas e Pandereteiras de Botos) que percorrerán a parroquia de Moneixas en alborada festiva.
02.- MANIFESTO-HOMENAXE aos gaiteiros e as pandereteiras que padeceron a represión franquista, con presenza de familiares e persoas expertas:
Leandro del Río, neto de Manuel del Río Mandayo, gaiteiro de Ordes asesinado, e de Pilar Navieira Golán, rapada- Tamén raparon e obrigaron a dar vivas a España e a Franco co brazo en alto a
Maruja del Río Mandayo e Dolores Mandayo Montero.
Manu Igrexas investigador, experto en Xesús Froiz e os Dezas de Moneixas. Froiz era o responsable local do Partido Galeguista e levaba os Dezas a todos os mitins. Asasinárono no 36.
Xerardo Fernández Santomé, investigador experto en Constante Moreda, o gaiteiro de Cabral, tamén asesinado. (Pode que veña o neto de Constante tamén)
Alberte Pérez, investigador experto en José Gomez Avelaira, gaiteiro de Maceda, tamén asesinado.
Montse Fajardo, falará das humillacións realizadas contra Pastora e Cándida Cordal, pandereteiras e bailadoras de Cambados que foron obrigadas a bailar e tocar a pandeireta espidas nas festas de Corbillón (Cambados) por ser irmás do sindicalista Castor Cordal, logo asesinado.
03.- COMIDA E SERÁN POPULAR
Concluída a homenaxe, empeza a festa. Tras unha sesión vermú amenizada pola agrupación de pandereteiras Boubas! xantaremos no souto no que haberá un polbeiro-que tamén terá á venda churrasco e empanada- e unha rosquilleira, como nas festas de toda a vida.
Haberá música das agrupacións comarcais que participaron na alborada, acompañadas polo grupo Os Xílgaros de Lugo e todas as agrupacións e intérpretes que se acheguen ao souto cos seus instrumentos.
04.- MOSTRA DE CREACIÓNS DE INSTRUMENTOS E TRAXES TRADICIONAIS
A Foliada da Memoria conta coa participación da asociación de gaiteiros e gaiteiras galegas, que coordina unha mostra de elaboracións de instrumentos e traxes tradicionais.
05.- ESPAZO INFANTIL
Haberá tamén un espazo infantil onde, durante toda a xornada, as crianzas poderán aprender ou practicar xogos tradicionais. Haberá xogos de destreza, habilidade, puntería e coordinación para toda a familia e tamén xogos de equipo. A chave, a billarda, o carrexo de espigas ou a táboa retáboa son só algúns exemplos.
06.- MONICREQUES
Outra actividade para gozar en familia será a dos monicreques, prevista para as catro da tarde. A compañía Viravolta Títeres porá en escena a obra “A nena que regaba a alfabaca e o príncipe preguntón” de Federico García Lorca.
07.- TALLERES DE BAILE E CANTO
Tamén agardamos que sexa interxeracional, como a transmisión da memoria, a participación nos talleres de baile e canto que terán lugar a media tarde. O de baile con Marta Mouriño e o de canto con Enrique Viz.
08.- HOMENAXE INTERXERACIONAL
Se pola mañá quixemos ter unha lembranza coas persoas represaliadas após o golpe de estado, no atardecer queremos homenaxear as persoas que recuperaron a tradición e posibilitaron que a semente dos Dezas de Moneixas seguise agromando ata o día de hoxe.
Lembraremos a José Benito González López, fundador. Tamén a súa irmá María, que bailaba, e aos seus irmáns Darío e Ismael, pois tamén formaran parte desa agrupación orixinaria dos anos 20, a que levaba Xesús Froiz aos mitins do Partido Galeguista. O mesmo pasaba co curmán, Manoliño González. Tocaba el nos vellos dezas, e tamén os seu irmáns Laureano, Celso e Amancio, que morreu na fronte de Asturias. Tamén tiñan unha irmá bailaora, Isaura.
Alí estará a descendencia das dúas ramas da familia González, e dous fillos de Manoliño González, Alfonso e Mario González Iglesias, que formaron parte da agrupación que xa nos anos 40 tomou o relevo da orixinaria, xunto a Manuel Troitiño Fernández, Julio García e Manuel Lage. Estes dous últimos xa faleceron pero a súa descendencia estará tamén no Souto, con Alfonso, Mario e Manuel Troitiño.
Aos cinco renderalles especial homenaxe a agrupación actual, e as crianzas da escola, que amosarán que a música -e a sociedade- que o fascismo quixo silenciar, aínda permanece.
09.- FIN DE FESTA
Logo da homenaxe interxeracional, faremos un especial fin de festa con Bandaló! que nos fará recordar como eran aquelas verbenas tradicionais dos anos 30.
Hora
(Sábado) 12:00 - 22:00
Localización
Moneixas
Moneixas, Lalín
Evento tipo
Todo
Ademais
Escena
Exposicións
Formación
Infantil
Música
Outras
Localización do Evento
Todo
A Aixola
A Casa do Lagoeiro
A Cova dos Libros Fantásticos
A Farola de Urzáiz
A Reiboa
A Reiboa, San Xoán de Poio
Actividade online
Adro da igrexa de Bora
Adro de San Salvador
AfundacionTV
Agalería
Alameda
Alameda Castelao
Alameda da Guarda
Alameda da Lama
Alameda de Bouzas
Alameda de Castelao
Alameda de Marín
Alameda de Ponte Caldelas
Alameda de Pontevedra
Alameda de Redondela e Multiusos de Chapela
Alameda de Vilagarcía
Alameda e Teatro Principal de Pontevedra
Alameda Municipal da Estrada
Alameda Rosalía de Castro (Chapela)
Alameda Talo Río
Area Panorámica de Tui
Ateneo Santa Cecilia
Atrio de festas de Santa Cristina de Cobres
Atrio de San Martiño
Auditorio da Foz do Miñor
Auditorio da Xunqueira
Auditorio da Xuventude
Auditorio de Castrelos
Auditorio de Goián
Auditorio de San Benito
Auditorio de Soutelo de Montes
Auditorio do Centro Príncipe Felipe
Auditorio do Centro Social de Mondariz
Auditorio do Multiusos da Xunqueira
Auditorio do Parque de Castrelos
Auditorio do Pazo da Cultura
Auditorio Emilia Pardo Bazán
Auditorio Lois Tobío
Auditorio Manuel Dopazo (A Bandeira)
Auditorio Mar de Vigo
Auditorio Martín Códax
Auditorio Multiusos de Arbo
Auditorio Municipal da Illa de Arousa
Auditorio Municipal das Neves
Auditorio Municipal de Caldas de Reis
Auditorio Municipal de Cambados
Auditorio Municipal de Cangas
Auditorio Municipal de Catoira
Auditorio Municipal de Nigrán
Auditorio Municipal de O Grove
Auditorio Municipal de Ribadumia
Auditorio Municipal de Salceda de Caselas
Auditorio Municipal de Valga
Auditorio Municipal de Vilagarcía
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
Auditorio Municipal do Grove
Auditorio Municipal do Rosal
Auditorio Municipal Manuel Dopazo
Auditorio Municipal Reveriano Soutullo
Auditorio Municipal Sobrino Buhígas
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Auditorio Sede Afundación
Auditorio V Centenario
Aula Cemit A Guarda
Aula Cemit de Poio
Avenida de Montero Ríos
Avenida de Santa María
Avenida Raína Vitoria
Azucreira de Portas
Baiona
Banda do Río Bueu
Bar Jota Jota
Biblioteca de Darbo
Biblioteca Municipal de Aldán
Biblioteca Municipal de Coiro
Biblioteca Municipal de Mondariz-Balneario
Biblioteca Municipal do Grove
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Biblioteca Pública Municipal de Moaña
Biblioteca Pública Municipal de Salvaterra de Miño
Biblioteca Pública Municipal en Cangas
Biblioteca Pública Municipal Luís Seoane
Biblioteca Pública Municipal Rodríguez Fráiz
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
Café Moderno Afundación
Campiño de Santa María
Campo da Feira
Campo de Fútbol de Montelourido
Campo de San Benito de Romariz
Campo de Vilar de Fragoso
Campus de Vigo
Campus Remoto da Universidade de Vigo
Canteira de Paredes
Canteira de Vilafría
Capela do Hospital
Carballedo
Carballeira de Barrantes
Carballeira de Santa Lucía
Carpa na Avenida
Carpa na Avenida Castelao – Coia
Casa Azul
Casa da Cultura da Cañiza
Casa da Cultura de Mondariz-Balneario
Casa da Cultura de Río Maior
Casa da Cultura de Salvaterra
Casa da Cultura Galega
Casa das Artes
Casa das Campás. Vicerreiroría do Campus de Pontevedra
Casa dos Alonso
Casa Galega da Cultura
Casa Verde de Salcedo
Casal de Ferreirós
Castelo de Sobroso
Castelo de Soutomaior
Castelo Fortaleza Dona Urraca
Castroagudín
CEIP de Seixo
Centro Comercial Carrefour
Centro Cultural da Guarda
Centro Cultural de Ponte Caldelas
Centro Cultural Municipal do Porriño
Centro Cultural Xaime Illa
Centro Histórico de Pontevedra
Centro Histórico Pontevedra
Centro Multiusos do Concello A Chan-Carballedo
Centro Neural
Centro Neural de Gondomar
Centro Príncipe Felipe
Centro Social "Casa Rosada"
Centro Social de Campañó
Centro Social do Mar
Centro Social Gorgullón
Centro Sur Pontevedra
Cerdedo
Cerdedo-Cotobade
Cervecería La Beltane
Chancelas, Combarro
Cidade de Pontevedra
CIFP A Xunqueira
CIFP Manuel Antonio
CIP Mogor
CITA
CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais)
Club Náutico Pontevedra
Club Naval de Pontevedra
Colexio San Narciso
Concello da Cañiza
Concello da Cañiza
Concello da Estrada
Concello da Estrada
Concello da Guarda
Concello da Guarda
Concello da Illa de Arousa
Concello da Lama
Concello das Neves
Concello de A Lama
Concello de Arbo
Concello de Baiona
Concello de Barro
Concello de Bueu
Concello de Caldas de Reis
Concello de Cambados
Concello de Cangas
Concello de Catoira
Concello de Cerdedo-Cotobade
Concello de Cuntis
Concello de Dozón
Concello de Forcarei
Concello de Fornelos de Montes
Concello de Gondomar
Concello de Lalín
Concello de Marín
Concello de Meaño
Concello de Meis
Concello de Moaña
Concello de Mondariz
Concello de Mondariz Balneario
Concello de Moraña
Concello de Mos
Concello de Nigrán
Concello de Oia
Concello de Poio
Concello de Ponte Caldelas
Concello de Ponteareas
Concello de Pontecesures
Concello de Pontevedra
Concello de Portas
Concello de Redondela
Concello de Ribadumia
Concello de Rodeiro
Concello de Salceda de Caselas
Concello de Salvaterra de Miño
Concello de Sanxenxo
Concello de Silleda
Concello de Soutomaior
Concello de Tomiño
Concello de Tui
Concello de Vigo
Concello de Vila de Cruces
Concello de Vilaboa
Concello de Vilagarcía de Arousa
Concello de Vilanova de Arousa
Concello do Grove
Concello do Porriño
Concello do Rosal
Concellos de Moaña e Cangas do Morrazo
Concellos de Oia, A Guarda e O Rosal
Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda
Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga
Convento de Santa Clara
Deputación de Pontevedra
Diferentes cidades de Galicia
Distintos espazos do Concello de Pontevedra
Edición Online
Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra
Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra
Edificio Castelao
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Edificio Redeiras
Edificio Redeiras Praza do Berbés, 11 36202 Vigo España
Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra
El Náutico
Emisión en streaming
English Studio
Escola de Enxeñaría Forestal Campus Universitario da Xunqueira
Escola Oficial de Idiomas de Vigo
Espazo Cultual 'O Sanatorio'
Espazo Cultural 'O Sanatorio'
Espazo Infantil O Ganapán
Espazo Nemonon
Estación Fitopatolóxica do Areeiro
Estaleiro da Banda do Río
Eurocidade Tui-Valença
Evento Online
Evento virtual
Explanada de Ojea
Explanada Multiusos
Explanada Recinto Feiral Fexdega
Exposición virtual
Fábrica de Salga
Facultade de Belas Artes
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Campus a Xunqueira , s/n 36005 Pontevedra
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Farola de Urzáiz
Finca de Areeiro
Finca de Besada
Finca de Briz - Parque dos Sentidos
Finca Mouriscade
Formato dixital
Formato Webinar
Fundación Laxeiro
Fundación RAC Rosón Arte Contemporáneo
Granero Delmas
Hall do Auditorio Mar de Vigo
IES As Barxas
IES de Poio
IES Illa de Tambo
IFEVI
Igrexa de Santa Clara
Igrexa do Convento de Santa Clara
Igrexario de Cela
Illa das Esculturas
Illa de Ons
Illa de Sálvora
Illa de San Simón
Illa de Tambo
Illa do Covo
Illas Cíes
Krazzy Kray
La Fábrica de Chocolate Club
La Gramola
La Huerta
La Huerta Terraza Coctel Bar
La Iguana Club
Libraría Abrente
Libraría Paz
Liceo Casino
Liceo Mutante
Local de Música de Pontevedra
Local Social da Devesa
Local Social de Campelo
Local Social do Gorgullón
Lourido
Lugar por determinar
Magnafor Job Center
MARCO
Mercado do Calvario
Mercado Municipal de Pontevedra
Mercado Municipal de Tomiño
Minicines Central
Miradoiro da Fracha, Pontevedra
Miradoiro de Monte Porreiro
Miradoiro de Monteferro
Mollo Espacio Gastronómico
Moneixas
Monte da Fracha
Monte de Santa Trega
Monte do Casás
Monte do Facho, O Hío
Mosteiro da Armenteira
Mosteiro de Aciveiro
Mosteiro de Carboeiro
Mosteiro de Poio
Mosteiro de Santa María de Oia
Mosteiro do Carboeiro
Multiusos da Xunqueira
Multiusos de Arcade
Multiusos de Chapela
Multiusos de Sabarís
Multiusos de Soutelo de Montes
Musart Galería de Arte
Museo da Ciencia do Viño
Museo de Pontevedra
Museo do Mar de Galicia
Museo Manuel Torres
Museo Massó
Museo Meirande
Museo Municipal Ramón María Aller
Museo Quiñones de León
MUTA
Náutico de San Vicente do Mar
O Carril
O Lar das Artes
O Sanatorio
O’Almacén Cultural
Observatorio Astronómico de Cotoabde
Observatorio Astronómico de Cotobade
OMIX A Guarda
Paar
Palacete das Mendoza
Palco da Música da Alameda
Palco da Música da Alameda e Praza da Pedreira
Palco da Música de Moaña
Palco da Música e Escaleiras das Palmeiras
Parking Karting
Parque Arqueolóxico da Caeira
Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
Parque Azul
Parque da Palma
Parque da Xunqueira
Parque das Palmeiras
Parque de Ankar
Parque de Costa Xiráldez
Parque de Ferreirós
Parque de Miguel Hernández
Parque de San Bartolomeu
Parque de Tafisa
Parque de Torrado
Parque do Espiñeiro
Parque dos Gafos
Parque Eguren
Parque Forestal A Tomba
Parque Forestal da Fracha
Parque Forestal de San Miguel de Oia
Parque Forestal do Pontillón do Castro
Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Parque Natural do Río Barosa
Parque Ramal dos Galos
Parque San Bartolomeu de Meira
Parque Xose Novas, Beluso
Parques Forestais Municipais de Pontevedra
Pasarela Doce de Novembro
Paseo da Corredoira
Paseo de Antonio Odriozola
Paseo de Domaio
Paseo de Montero Ríos
Paseo de Portonovo
Paseo dos Gafos
Paseo Marítimo de Chapela
Paseo Marítimo de Moaña
Pavillón Municipal de Gondomar
Pavillón Municipal de Gondomar Bernabé Costas
Pavillón Municipal do Rosal
Pavillón Municipal dos Deportes
Pazo Baión
Pazo da Crega
Pazo da Cultura
Pazo da Cultura de Pontevedra
Pazo da Cultura de Pontevedra e Illa de San Simón
Pazo da Cultura e Libraría Paz
Pazo da Deputación de Pontevedra
Pazo da Golpelleira
Pazo da Touza
Pazo de Cea
Pazo de Liñares
Pazo de Mugartegui
Pazo de Oca
Pazo de Torrado
Pazo de Urzaiz
Pazo Emilia Pardo Bazán
Peirao de Arcade
Peirao de Trasatlánticos
Peirao Turístico de Vilagarcía
Peirao Turístico de Vilagarcía de Arousa
Península de Santa Marta
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego
Pistas de Campolongo
Ponte do Burgo
Ponteareas
Pontevedra
Pontevedra e Salvaterra de Miño
Pontillón do Castro
Portas e Caldas de Reis
Porto de Carril
Porto de Cesantes
Porto de Portonovo
Porto de Raxó
Porto Deportivo Juan Carlos I
Porto do Molle
Porto Turístico de Vilagarcía de Arousa
Portonovo
Praça Deu-la-Deu
Praia da Barbeira
Praia da Concha
Praia de Cesantes
Praia de Lourido
Praia do Bao
Praia fluvial da Xunqueira, Ponte Sampaio
Praza Alejandro Otero Fernández
Praza Alfredo Romay Besada, Samieira
Praza Arquitecto Antonio Palacios
Praza da Chousa, Combarro
Praza da Curtidoira
Praza da Ferraría
Praza da Granxa, Campelo
Praza da II República
Praza da Pedreira
Praza da Peixería
Praza da Peregrina
Praza da Ravella
Praza de Avelino Vicente
Praza de Curros Enríquez
Praza de Eduardo Chao
Praza de España
Praza de España de Marín
Praza de Fefiñáns
Praza de Massó
Praza de Ourense
Praza de Santa María
Praza del Pracer
Praza do Calvario
Praza do Concello da Cañiza
Praza do Concello da Estrada
Praza do Concello de Baiona
Praza do Concello de Pazos de Borbén
Praza do Concello de Salvaterra
Praza do Corgo
Praza do Mar
Praza do Mosteiro
Praza do Reló
Praza dos Barcos
Praza Maior da Cañiza
Praza Ravella
Provincia de Pontevedra
Radar Estudios
Raxó
Real Mosteiro de Oia
Recinto Amurallado de Dona Urraca
Recinto Amurallado de Salvaterra
Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño
Recinto Feiral de Pontevedra
Recinto Multiusos da Estacada
Retransmisión online
Río Lérez
Rúa do Príncipe
Rúa Serra
Rúa Serra, Pontevedra
Rúa Virxe do Camiño
Rúas e prazas de Pontevedra
Ruínas de San Domingos
Ruta do Viño Rías Baixas
Sabucedo
Sala Ártika
Sala Aturuxo
Sala de exposicións do Pazo da Cultura
Sala Doppler
Sala Karma
Sala Krazzy Kray
Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo
Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación en Vigo
Sala Máster
Sala Molotov
Sala Molotov e Auditorio Mar de Vigo
Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui
Sala Overlook do Hotel Bahía
Sala Rebullón
Sala Rivas Briones
Sala Rouge
Sala Sinatra
Sala VerSus
SalaSon
Salinae
Salón García
Salón Teatro
Samá Samá
San Brais
Santa María de Xeve
Sede Afundación Vigo
Sede de Vigo. Deputación de Pontevedra
Seminario Permanente de Jazz
Sinatra Coctel Bar
Skate-Praza de Raíña Victoria
Skate-praza de Raíña Vitoria
Streaming
Teatro Afundación
Teatro Ensalle
Teatro Municipal da Área Panorámica de Tui
Teatro Principal da Estrada
Teatro Principal de Pontevedra
Teatro Principal de Pontevedra e Sala Versus
Teatro-Cine Salesianos
Terraza Auditorio Mar de Vigo
Tui-Salvaterra de Miño
UNED Pontevedra
Universidade de Vigo
Varios espazos
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Vigo
Vilaboa
Vilagarcía de Arousa
Vilaxoán
Vilaxoán de Arousa
Viveiro de empresas de Barro-Meis
Viveros O Piñeiro
Xardín Umbrío
Xardíns de Elduayen
Xardíns do Doutor Marescot
Xardíns do Sinal
Xuviño, Combarro