'Gaiteiraos'

xov30setConsultardom28nov'Gaiteiraos'debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros galegos(Consultar) Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia compoñen a exposición ‘Gaiteiraos’, coa que o seu autor, César Lombera, pretende reivindicalos como un exemplo sobranceiro do noso patrimonio inmaterial.

A mostra poderá visitarse no claustro do edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra desde o 30 de setembro ata o 28 de novembro.

Avelino Cachafeiro, Ricardo Portela, Susana Seivane, Carlos Núñez, Cristina Pato, Os Trinta de Trives, o gaiteiro de Guillarei e os de Soutelo, son algunhas das persoas representadas nos gravados reunidos nesta mostra.

O capitel de Melide, unha peza do século XIV pertencente á colección deste museo, complementa esta proposta expositiva dado que representa nunha das súas faces unha escena musical que inclúe un laúde e unha gaita.

Hora

Setembro 30 (Xoves) - Novembro 28 (Domingo)

Localización

Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra

Está pasando!