outubro, 2022

Detalles do Evento

Enmarcado na XVII edición da Semana de Cine – Cinemas Ocultos, organizada polo Cine Clube Cangas, o martes 4 de outubro ás 21:00 horas, o Auditorio Municipal de Cangas acolle as proxeccións de ‘Galicia en Curta’, coa presenza de Pedro Díaz, Ángel Santos, Iria Pinheiro e Arantxa Ramos.


‘La Entrega’

  • País: Galicia
  • Ano: 2022
  • Dirección: Pedro Díaz
  • Guión: Fran Carballal e Pedro Díaz
  • Música: Alberto Torre
  • Fotografía: Luis Guijarro
  • Reparto: Ramón Barea, Ferrán Villajosana, Ana Del Arco, Laura Galán, Mila Pérez
  • Duración: 24 min.

SINOPSE

Armando ten 80 anos. Un trauma impídelle saír da casa desde hai unha década. O seu único contacto co exterior é a través do repartidos a domicilio que lle leva os pedidos que lle manda o fillo desde o estranxeiro.Ramón Barea, Ferrán Villajosana, Ana Del Arco, Laura Galán, Mila Pérez

PREMIOS

  • 2022 Festival de Cans. Premio do público
  • 2022 Premios Fugaz. Mellor interpretación masculina

‘Rompente’

  • Xénero: Ficción
  • País: Galicia
  • Ano: 2022
  • Dirección: Eloy Domínguez
  • Guión: Eloy Domínguez Serén
  • Fotografía: Diego Romero
  • Reparto: Sergio Baleirón, Soraya Luaces, Vicente Mohedano
  • Duración: 25 min.

SINOPSE

Santi, un pai adolescente, vive nunha pequena vila costeira e divide o seu tempo entre traballar de bateeiro polo día e pola noite practicar o furtivismo. Mentres Lucía, a súa moza, asume en soidade o coidado do bebé de ambos. Santi, afogado pola responsabilidade, busca refuxio no mar.

PREMIOS

  • 2022 Festival de Cans. Mellor curtametraxe de ficción
  • 2022 Festival de Málaga. Mellor Curtametraxe

Así vendrá la noche’

  • Xénero: Ficción
  • País: Galicia
  • Ano: 2021
  • Dirección: Ángel Santos
  • Guión: Pablo García Canga e Ángel Santos
  • Fotografía: Iván Castiñeiras
  • Música: Alberto Torres
  • Reparto: Violeta Gil e Denis Gómez
  • Duración: 14 min.

SINOPSE

Ao caer a noite, Andrea grava unha mensaxe para Pablo, ao que non ve desde hai meses, a xeito de carta longa ou de noveliña do século XIX.

PREMIOS

  • 2022 Festival de Cans. Mellor interpretación femenina e mellor guión.

‘Anatomía dunha serea’

  • Xénero: Ficción
  • País: Galicia
  • Ano: 2021
  • Dirección: Adriana Páramo
  • Guión: Adriana Páramo
  • Fotografía: Adriana Páramo
  • Música: David Santana
  • Reparto: Iria Pinheiro
  • Duración: 15 min.

SINOPSE

Tras recibir un trato inadecuado e sufrir as consecuencias dunha episiotomía que lle practicaron sen consentimento durante o parto, a actriz Iria Pinheiro comeza un trámite xudicial contra o SERGAS, pero, desanimada fronte ao complexo e custoso proceso legal, refúxiase no teatro como medio de denuncia.


‘As pétalas murmuran’

  • Xénero: Documental
  • País: Galicia
  • Ano: 2021
  • Dirección: Arantxa Ramos
  • Guión: Arantxa Ramos
  • Fotografía: Arantxa Ramos
  • Reparto: Raquel Iglesias, Carmiña Outeiral, Iluminada Lillo, Lola Piñol, Gladys Sánchez, Susana María Ponte, Ida Hoekema, Magdalena Izquierdo, Rosa Gladys Armesto, Nerea Santiago, Andrea Carballeira, Laura Álvarez, María Alejandra Toledo.
  • Duración: 27 min.

SINOPSE

Os testemuños de mulleres de tres xeracións relatan a pegada dos procesos migratorios na súa identidade. A memoria transforma as lembranzas e a mirada da mocidade presenta, novamente, as inquedanzas dunha Galicia cíclica


A XVII edición da Semana de Cine de Cangas – Cinemas Ocultos, que se celebrará do 30 de setembro ao 8 de outubro, pon o foco nos ‘Diálogos co Tempo’: relacións interxeneracionais, ciclo vital, afectividade, inquedanzas,…

Ademais esta edición contará con cine de animación, curtas galegas e un espazo de encontro de profesionais do audiovisual.

Datas das proxeccións:

  • Venres 30 de setembro ás 21:00 h. ‘Beiras. Vivir 2 Veces’.
  • Sábado 1 de outubro, 18:00 h. ‘El caracol y la ballena y otros cuentos del mar’.
  • Sábado 1 de outubro, 21:00 h. ‘La voluntaria’.
  • Domingo 2 de outubro, 18:00 h. ‘Mamá es pura lluvia’ e ‘Mi vida en Versalles’
  • Luns 3 de outubro, 21:00 h. ‘Vortex’.
  • Martes 4 de outubro, 10:00 h. ‘Valentina’.
  • Martes 4 de outubro, 21:00 h. ‘Galicia en Curta’.
  • Xoves 6 de outubro, 21:00 h. ‘Violeta al fin’.
  • Venres 7 de outubro, 21:00 h. ‘Utama’.
  • Sábado 8 de outubro, 18:00 h. ‘Ainbo, La Guerrera del Amazonas’.
  • Sábado 8 de outubro, 21:00 h. ‘Francesca y el Amor’.

As entradas poderán adquirirse na web https://cineclubcangas.gal/


Hora

(Martes) 21:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Auditorio Municipal de CangasAvenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!