outubro, 2022

Detalles do Evento

A Gran Gala Internacional de Maxia ‘Galicia Ilusiona’ chega ao Auditorio Mar de Vigo o domingo 9 de outubro. Unha selección dos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta.

Todo isto, conducido pola gran Esther Estévez, a comunicadora galega de moda, que se achega por primeira vez ao mundo da maxia.

Na gala, participarán:

  • Hyun Joon Kim (Korea): Primeiro Premio Mundial de Manipulación. Miles de cartas aparecen na punta dos seus dedos a un ritmo vertixinoso.
  • Jimmy Delp (Estados Unidos): Premio Mellor Mago Cómico. Como receen quitado dunha serie de debuxos animados, este mago recrea situacións totalmente insólitas.
  • Sebastien Dethise (Bélxica): Premio Penn and Teller “Fool Us” (As Vegas). Sebastien traenos en exclusiva unha representación do seu número Alyson e Herbert, ao cal non lograrás atopar explicación.
  • Huang Zheng (China): Premio Anéis Máxicos. Presenta o seu galardoado número “Aire”, unha proposta coidada e poética, trasládanos ao mundo da maxia oriental.
  • Dani Polo (Galicia): Premio Ali Bongo, mago revelación europeo 2018. A súa especialidade son as grandes ilusións. Persoas que aparecen da nada, voan ou se teletransportan, todo é posible!

‘Galicia Ilusiona’ é un Festival de Ilusionismo que pretende levar maxia e ilusión por toda Galicia entre os meses de agosto a outubro.

O Festival preve á realización de espectáculos de gran calidade para todos os públicos que se levarán a cabo en máis de 100 concellos repartidos polas 4 provincias galegas.

Maxia dun altísimo nivel da man dxs mellores e máis premiadxs ilusionistas do momento que inundarán de ilusión Galicia nun ano máxico inesquecible.

Entradas anticipadas á venda desde 13,75 euros en teuticket.com

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!