'As Fillas Bravas e o Mito de Casandra' en Vigo

dom09out20:00'As Fillas Bravas e o Mito de Casandra' en Vigogrupo chévere20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O domingo 9 de outubro, o Grupo Cheveré porá en escena na Sala Ártika a obra ‘As Fillas Bravas e o Mito de Casandra’.

Nesta nova obra, ‘As Fillas Bravas’ usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para artellar a súa singular conversa cantada.

‘As Fillas Bravas e o Mito de Casandra’ é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural. E por outro, é unha obra con perspectiva de xénero á procura de personaxes femininas empoderadas, colocando o foco nunha muller afirmativa, autónoma, creativa e implicada na colectividade.

Data: Domingo 09 de outubro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

  • Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión á venda en artikavigo.com
  • En taquilla: Entrada Xeral: 14€

Idades recomendada: + 16 anos

Duración: 60 minutos


Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!