outubro, 2022

Detalles do Evento

O arxentino Marcelo Katz estará por primeira vez presentando o seu espectáculo ‘Gaspet’ na nosa comunidade. Unha oportunidade única de ver a un dos mellores clowns da arxentina na nosa terra.

Ademáis, estará dando un curso de clown o sábado 1 e o domingo 2 de 10:00 a 18:00 horas na propia sala Ártika.

Sinopse:

Un espectáculo que combina o teatro de máscaras, o clown e a manipulación de obxectos. Un único actor en escena interpreta a unha variedade de personaxes para abordar o mundo dun construtor de máscaras, introducirnos no seu oficio e dar vida ás súas creacións.

O protagonista introdúcenos na vida dun vello artesán, construtor de máscaras. O público chega ao seu taller, e alí penetrará no fascinante e misterioso mundo das máscaras. Gaspet, o artesán, transmite ao público algúns dos segredos que lle chegaron a través das catro xeracións da súa familia que o precederon nese oficio. ‘Gaspet’ talla, modela, pinta, retoca e lixa. Reflexiona sobre esas vidas e personalidades que crea coas súas mans.

Os temas que transita ‘Gaspet’, son a paixón, a paciencia, a obsesión e a sorpresa. A disxuntiva entre manter intacto o legado que lle chega desde os seus devanceiros, ou xerar cambios que sente necesarios pero que atentan contra a tradición familiar.

Datas: Venres 30 de setembro, sábado 01 e domingo 02 de outubro

Hora: 

  • Venres 30 de outubro ás 20:00h
  • Sábado 01 de outubro ás 20:00h
  • Domingo 02 de outubro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

  • Venta online: Entrada anticipada: 10€ + gastos de xestión á venda en artikavigo.com
  • En taquilla: Entrada xeral: 14€

Idades recomendada: + 16 anos

Duración: 60 minutos


Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!