This is a repeating event

'Go On!' de Malasombra

dom30xan20:00'Go On!' de Malasombrasala ártika20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.

‘GO ON!’ recopila esta experiencia límite que deixa aos do ‘Al filo de lo imposible’ como simples boyscouts.

‘GO ON!’ é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situación extremas como o terrible ataque do despiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte.

‘GO ON!’ é un completo folleto turístico que servirá para que outros ousados viaxeiros saiban como conseguir alimento nas festas gastronómicas ou como identificar á Santa Compaña.

‘GO ON!’ é un manual de supervivencia imprescindible para saber como viaxar nun tren galego a velocidade negativa cheo de galegos cantando cancións populares ou como ser porco e sobrevivir no San Martiño.

‘GO ON!’ é unha guía de primeiros auxilios con recomendación necesarias como que facer logo de ser salvaxemente agredido por un toxo ou que facer logo de limparse o cú con ortigas.

‘GO ON!’ é a conferencia que percorre o mundo dende Burgos a Arkansas desvelando os misterios máis íntimos de Galicia e os seus habitantes, como cal é a orixe da frase “non me toques os suevos”, cada canto tempo cambian as sábanas os da Santa Compaña, ou cal é a resposta definitiva á pregunta máis trascendente de todas as preguntas: “Que din os rumorosos na costa verdecente?”

‘GO ON!’ . Unha odisea cómica no espacio galego.

Datas:

  • Venres 28 de xaneiro de 2022 ás 20:00 h.
  • Sábado 29 de xaneiro de 2022 ás 20:00 h.
  • Domingo 30 de xaneiro de 2022 ás 20:00 h.

Idade recomendada: + 18

Duración: 65 min.

Prezo:

  • Entrada Xeral: 14€
  • Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión (dispoñible ata 1 hora antes do evento)

Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!