'Golfa' en Pontevedra

xov20out21:00'Golfa' en PontevedraPonteatro21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Enmarcado no ciclo Ponteatro, a compañía Crémilo porá en escena no Teatro Principal de Pontevedra a obra ‘Golfa’.

Unha mañá aparece fronte á porta dun instituto unha pintada que reza ‘Golfa’, un insulto anónimo que destapa a historia que o precede. Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada.

Este feito non tería relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura, Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que leva aos seus pais a denunciar a posible autoría de Fran tras este feito.

Ata que non se aclaren os feitos, a dirección do instituto decide apartar a Fran das súas clases. Todo se revoluciona cando a nai de Fran, Vicky, aparece na porta de entrada do instituto e insulta gravemente a Amanda utilizando unha palabra moi concreta: ‘Golfa’.

Xusto unha semana despois aparece ben visible o graffiti onde comeza esta historia

Entradas anticipadas á venda desde 8 euros en Ataquilla.com


Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!