This is a repeating event

'Greenpiss'

sáb09out20:00'Greenpiss'Vigocultura | Yllana20:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Inserida na programación de Vigocultura, a compañía de teatro Yllana porá en escena a comedia teatral ‘Greenpiss’ no Auditorio Municipal de Vigo. Estrea en Galicia!

  • Autoría e dirección: Yllana
  • Escenografía: Carlos Bryda
  • Deseño de son: Lus López Segovia
  • Deseño de iluminación: Fernando Rodríguez Berzosa
  • Vestiario: Tatiana de Sarabia
  • Música: Marc Álvarez
  • Coreografía: Elena Mora
  • Elenco artístico: Fidel Fernández, Luis Cao, Juanfran Dorado e Jony Elías
  • Idioma: español
  • Público: adulto
  • Duración: 75 minutos

‘Greenpiss’, unha divertidísima sátira sobre a ecoloxía, o futuro do noso planeta e a supervivencia da nosa propia especie.

O quencemento global, o uso abusivo dos plásticos, o consumismo desenfreado, a desaparición de miles de especies de animais e a posible estinción da nosa propia especie son o punto de partida desta nova loucura teatral de Yllana.

Catro actores en estado de graza desdóbranse en infinidade de personaxes, desde políticos a pingüíns, para tratar un tema que está en boca de todos e ao que Yllana ofrece unha receita clara para combatelo: humor acedo e sen barreiras que non deixará indiferente a ninguén.

Prezo: dende 10,00 €. Entradas anticipadas á venda en giglon.com, na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!