decembro, 2022

Detalles do Evento

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá entre o 1 e o 4 de decembro a segunda edición do programa ‘Guerrilla. Cultura para a transformación social’. As xornadas, impulsadas polo Concello de Pontevedra e Culturactiva, darán comezo o 1 de decembro no Teatro Principal de Pontevedra cunha programación que se espallará ata 4 días e que, explorando distintas artes, poñerá en valor loitas sociais históricas que seguen plenamente vixentes a día de hoxe.

‘Guerrilla’ naceu o ano pasado, e tras o éxito da súa primeira edición, este ano volve con máis forza e novas artistas e conferenciantes. Este festival nace para perseguir a utopía a través da cultura. Unha cultura comprometida, alternativa, revolucionaria, resiliente e accesible a todas. Ademais, Pontevedra é o lugar perfecto para a realización deste evento xa que é un pobo exemplar da resistencia a nivel cultural e social da Galiza.

Nesta segunda edición abordaranse temas como a censura, o fascismo, a represión franquista, o feminismo e o conflito do Sahara da man de artistas como Luís Pastor, Pepe Viyuela, a obra teatral ‘As Alumnas’, unha Gala Solidaria de Pallas@s en Rebeldía con Uxía Senlle, Dakidarría en formato íntimo, Yslem Hijo del Desierto e moitas máis!

Cada xornada do programa conta cun faladoiro ou acción de concienciación acompañada por un espectáculo comprometido de peche.

O acceso a faladoiros e proxeccións será de balde ata completar aforo. Os espectáculos terán un custo de 8 euros (4 euros prezo reducido) e as entradas xa están á venda en Ataquilla.com

Tamén está a disposición do público o formato abono para gozar dos 4 espectáculos a un prezo de 28 euros + gastos de xestión.

O obxectivo de ‘Guerrilla’ é por en valor as loitas sociais e culturais históricas que se artellaron no noso país e demostrar que non están mortas.

‘Guerrilla’ é o vivo exemplo de que dende todos os recunchos de Galicia e do resto do mundo estanse a facer pequenas accións culturais para construir unha sociedade xusta para todos e todas.


PROGRAMA:

Xoves 1 de decembro

FALADOIRO:
A resistencia galega na educación con Pilar Allegue e Xosé Manuel Cid.
Dinamiza Vero Rilo.
Ás 18.00 horas na Sala de Conferencias do Teatro.

ESPECTÁCULO TEATRAL:
‘As Alumnas’.
Ás 21.00 horas no Teatro Principal.

Venres 2 de decembro

FALADOIRO:
A represión musical no franquismo con Xosé Luís Rivas Cruz, “Mini”, Fernando Fernández Rego e Luís Pastor.
Modera: Susana Regueira.
Ás 18.00 horas na Sala de Conferencias do Teatro.

CONCERTO:
Luís Pastor ‘Grándola de mi querer’.
Ás 21.00 horas no Teatro Principal.

Sábado 3 de decembro

PROXECCIÓN DOCUMENTAL:
‘Un viaje hacia nosotros’ de Pepe Viyuela.
Ás 17.00 horas na Sala Principal do Teatro Principal.

REPRESENTACIÓN TEATRAL:
‘Encerrona’ de Pepe Viyuela.
Ás 21.00 horas no Teatro Principal.

Domingo 4 de decembro

FALADOIRO:
O Sáhara libre con Maite Isla de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps); Montse Prado, parlamentaria do grupo de Paz e Solidariedade polo Sáhara.
Modera Khadyetu Ahmedu, Presidenta da Asociación Galega de Mulleres Saharauís.
Dinamiza Carmen Novas do Fondo Galego de Cooperación.
Ás 17.00 horas na Sala de Conferencias do Teatro.

GALA POLO SÁHARA DE PALLASOS EN REBELDÍA
Presenta Andrea Bayer de Baobab Teatro.
Interveñen: Uxía Senlle, Yslem Hijo del Desierto, Dakidarría (formato íntimo), Isabel Risco e o colectivo AB.iO.
Ás 19.00 horas no Teatro Principal.


 

Hora

Todo o día (Sábado)

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!