'Historias Cavadas'

ven09setConsultarxov29set'Historias Cavadas'VISITAS ESCENIFICADAS AOS CASTROS DA PROVINCIA(Consultar) Provincia de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Unha vez emprendida a musealización nos castros da provincia coa colaboración da Deputación de Pontevedra, do Ministerio de Fomento e dos propios concellos, e co compromiso da súa dinamización in situ, o pasado 2021 a institución provincial puxo en marcha un programa de visitas teatralizadas desde a sustentabilidade, a accesibilidade e a inclusión de todos os públicos.

A protección, conservación e difusión do noso patrimonio é un dos cometidos das administracións públicas; neste caso, a Deputación de Pontevedra vela e colabora co mantemento do noso patrimonio para que se lles poida transmitir ás xeracións futuras. O obxectivo que se procura coas actividades nestes enclaves patrimoniais é que a historia, o valor cultural, o contexto social e o significado artístico, patrimonial e simbólico destes xacementos arqueolóxicos sexa interpretado e lle chegue ao público dunha maneira amena e didáctica, que axude a comprender o importantísimo papel que teñen como testemuña do pasado e o indispensable labor de recuperación e respecto que se realiza para sacalos á luz e que continúen a súa historia cara ao futuro.

Tras o éxito da primeira edición, a Deputación de Pontevedra, a través da súa área de Cultura, fai crecer o programa e pon en marcha a segunda tempada de ‘Historias cavadas’, esta vez en cinco novos castros da provincia neste mes de setembro.

Este ano amplíanse a cinco xacementos doutros tantos concellos e de novo será Troula Animación o grupo encargado de darlle vida a estes espazos, con representacións dirixidas ao público familiar que terán lugar no Castro de Castrolandín (Cuntis) os días 9 e 23 setembro (18.00h); o Castro dos Cubos (Monte Aloia, Tui) os días 16 e 17 setembro (18 e 12 horas respectivamente); o Castro do Monte do Facho (Cangas) os días 10 e 17 de setembro (19 horas); o Castro de Troña (Ponteareas): 25 e 29 setembro, (12 e 17 horas) Castro da Lanzada (Sanxenxo): 11 setembro (2 sesións: 12 e 17 horas).

As visitas serán accesibles e inclusivas, e a través de dous personaxes, unha castrexa e un romano.

A Deputación duplicou este ano as prazas (serán 300), cun tope de 30 persoas por cada unha das sesións. As inscricións deben facerse no enderezo electrónico historiascavadas2022@gmail.com (entradas esgotadas).

Só se poderá reservar para unha visita e na solicitude indicarase o nome do castro e a data da visita, o nome completo das persoas participantes (4 prazas como máximo) e un teléfono de contacto.

Hora

setembro 9 (Venres) - 29 (Xoves)

Localización

Provincia de Pontevedra

Está pasando!