'Hotel Europa' en Vigo

ven18feb20:00'Hotel Europa' en VigoVigocultura20:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

O venres 18 de febreiro, dentro da programación de Vigocultura, o Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolle a estrea mundial da comedia ‘Hotel Europa’, da man da compañía Señora Supina.

Benvidos ao Hotel Europa, un peculiar hotel nunha vila costeira galega na que descansar e vivir unha noite inesquecible.

Hotel Europa é unha comedia vodevil áxil e divertida con catro actrices que interpretarán a unha morea de peculiares personaxes. Unha obra moi do estilo das sitcoms e cunha boa dose de intriga, na que uns e outros descubriremos as divertidas e entrelazadas historias dos moradores do hotel.

Hotel Europa é un espectáculo que busca reflexionar, desde a ironía e o entretemento, sobre os procesos de transformación e perda de identidade que, nos últimos anos, as vilas galegas veñen sufrindo por mor da especulación urbanística e o turismo masificado.

  • Autoría: Ernesto Is
  • Dirección: Javier Lojo
  • Adaptación: Ernesto Is e Javier Lojo
  • Escenografía e deseño de iluminación: Vanesa Regengo
  • Deseño de son: Javier Lojo e Ernesto Is
  • Deseño de vestiario: Raquel Crespo
  • Música: VV.AA.
  • Elenco artístico: Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda, Raquel Crespo e Javier Lojo
  • Idioma: Galego
  • Idade recomendada: Público adulto
  • Duración: 85 min.

  • Entradas anticipadas desde 10,00 euros á venda en giglon.com
  • Abonos (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
    • Abono á carta 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
    • Abono á carta 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!