
novembro, 2020
Detalles do Evento
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común a colaboración para a realización da I Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos para
Detalles do Evento
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común a colaboración para a realización da I Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos para o ano 2020 e así promover o interese do público xeral, ademais de impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia.
A RAGC leva organizando actividades, cursos e ciclos de conferencias en toda a comunidade galega desde a súa fundación no ano 1973, e en liña cos seus obxectivos (difundir a ciencia e a tecnoloxía) pretende instaurar este ciclo de conferencias no que se abordan distintas temáticas con repercusión na sociedade.
Nun primeiro bloque organízanse 7 conferencias en formato webinar impartidas por persoas de recoñecido prestixio no seu ámbito profesional propostas pola RAGC.
Poboación destinataria: persoas usuarias e socias das entidades de iniciativa social, persoas da terceira idade, mocidade, profesionais, estudantes e público xeral.
Inscrición en depo.gal
Ante calquera dúbida pódese contactar co Servizo de Cohesión Social e Xuventude en cohesionsocialexuventude@depo.es
CONTIDOS PRIMEIRO BLOQUE
SANIDADE I
Temática: CANCRO: DOS FUNDAMENTOS ÁS NOVAS TERAPIAS
Relator: Xosé R. García Bustelo. Profesor de Investigación do CSIC. Vicedirector do Centro de Investigación do Cancro de Salamanca. Coordinador do Programa Científico de Investigación Biomédica en Rede de Cancro. Presidente de ASEICA
Data: 17 de setembro de 2020
Hora: 19:00 h.
Formato: webinar de 40 minutos + coloquio e/ou preguntas
SANIDADE II
Temática:
COMO OS NANOMEDICAMENTOS PODEN CAMBIAR AS NOSAS VIDAS: María José Alonso Fernández. Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela. Académica numeraria da RAGC
INMUNIDADE FRONTE Á COVID-19: África González Fernández. Catedrática de Inmunoloxía do CINBIO. Presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía
Data: 1 de outubro de 2020
Hora: 19:00 h.
Formato: webinar de 20 minutos por relatora + coloquio e/ou preguntas
A CONTROVERSIA SOBRE O CAMBIO DE HORA
Temática: CAMBIO ESTACIONAL DE HORA E USO HORARIO EN ESPAÑA
Relator: Jorge Mira Pérez. Catedrático de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela
Data: 22 de outubro de 2020
Hora: 19:00 h.
Formato: webinar de 40 minutos + coloquio e/ou preguntas
INTELIXENCIA ARTIFICIAL
Temática:
OS PARADOXOS DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL: Senén Varro Ameneiro. Catedrático da Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago de Compostela. Académico numerario da RAGC
HUMANISMO, ÉTICA E INTELIXENCIA ARTIFICIAL: Ulises Cortés García. Catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade Politécnica de Cataluña. Centro Nacional de Supercomputación
Data: 5 de novembro de 2020
Hora: 19:00 h.
Formato: webinar de 20 minutos por relatora + coloquio e/ou preguntas
APLICACIÓNS DAS CADEAS DE BLOQUES
Temática: A TECNOLOXÍA DAS CADEAS DE BLOQUES: MÁIS ALÓ DO BITCOIN E CONTRA O CORONAVIRUS
Relator: Martín López Nores. Departamento de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo
Data: 19 de novembro de 2020
Hora: 19:00 h.
Formato: webinar de 40 minutos + coloquio e/ou preguntas
ECONOMÍA
Temática: INCERTEZA E CICLO ECONÓMICO
Relator: Luis Caramés Viéitez. Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Académico numerario da RAGC
Data: 26 de novembro de 2020
Hora: 19:00 h.
Formato: webinar de 40 minutos + coloquio e/ou preguntas
PESCA, ACUICULTURA E BIOTECNOLOXÍA
Temática:
MICROALGAS: MICROFACTORÍAS VERDES: Concepción Ferreiro López. Catedrática de Bioloxía do Departamento de Microbioloxía da Universidade da Coruña
O MAR, FONTE DE SAÚDE: BENEFICIOS DO CONSUMO DOS PRODUTOS DA PESCA E DA ACUICULTURA: Isabel Medina Fernández Profesora de Investigación do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do CSIC, Vigo. Coordinadora nacional da Área de Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos do CSIC
Data: 3 de decembro de 2020
Hora: 19:00 h.
Formato: webinar de 20 minutos por relatora + coloquio e/ou preguntas
Hora
(Xoves) 19:00
Localización
Formato Webinar