decembro, 2020

03dec19:00I Ciclo de Conferencias Aida Fernández RíosRAG E DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA19:00 Formato WebinarEvento tipo:Outras

Detalles do Evento

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común a colaboración para a realización da I Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos para o ano 2020 e así promover o interese do público xeral, ademais de impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia.

A RAGC leva organizando actividades, cursos e ciclos de conferencias en toda a comunidade galega desde a súa fundación no ano 1973, e en liña cos seus obxectivos (difundir a ciencia e a tecnoloxía) pretende instaurar este ciclo de conferencias no que se abordan distintas temáticas con repercusión na sociedade.

Nun primeiro bloque organízanse 7 conferencias en formato webinar impartidas por persoas de recoñecido prestixio no seu ámbito profesional propostas pola RAGC.

Poboación destinataria: persoas usuarias e socias das entidades de iniciativa social, persoas da terceira idade, mocidade, profesionais, estudantes e público xeral.

Inscrición en depo.gal

Ante calquera dúbida pódese contactar co Servizo de Cohesión Social e Xuventude en  cohesionsocialexuventude@depo.es


CONTIDOS PRIMEIRO BLOQUE


SANIDADE I

Temática: CANCRO: DOS FUNDAMENTOS ÁS NOVAS TERAPIAS

Relator: Xosé R. García Bustelo. Profesor de Investigación do CSIC. Vicedirector do Centro de Investigación do Cancro de Salamanca. Coordinador do Programa Científico de Investigación Biomédica en Rede de Cancro. Presidente de ASEICA

Data: 17 de setembro de 2020

Hora: 19:00 h.

Formato: webinar de 40 minutos + coloquio e/ou preguntas


SANIDADE II

Temática:

COMO OS NANOMEDICAMENTOS PODEN CAMBIAR AS NOSAS VIDAS: María José Alonso Fernández. Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela. Académica numeraria da RAGC

INMUNIDADE FRONTE Á COVID-19: África González Fernández. Catedrática de Inmunoloxía do CINBIO. Presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía

Data: 1 de outubro de 2020

Hora: 19:00 h.

Formato: webinar de 20 minutos por relatora + coloquio e/ou preguntas


A CONTROVERSIA SOBRE O CAMBIO DE HORA

Temática: CAMBIO ESTACIONAL DE HORA E USO HORARIO EN ESPAÑA

Relator: Jorge Mira Pérez. Catedrático de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela

Data: 22 de outubro de 2020

Hora: 19:00 h.

Formato: webinar de 40 minutos + coloquio e/ou preguntas


INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Temática:

OS PARADOXOS DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL: Senén Varro Ameneiro. Catedrático da Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago de Compostela. Académico numerario da RAGC

HUMANISMO, ÉTICA E INTELIXENCIA ARTIFICIAL: Ulises Cortés García. Catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade Politécnica de Cataluña. Centro Nacional de Supercomputación

Data: 5 de novembro de 2020

Hora: 19:00 h.

Formato: webinar de 20 minutos por relatora + coloquio e/ou preguntas


APLICACIÓNS DAS CADEAS DE BLOQUES

Temática: A TECNOLOXÍA DAS CADEAS DE BLOQUES: MÁIS ALÓ DO BITCOIN E CONTRA O CORONAVIRUS

Relator: Martín López Nores. Departamento de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo

Data: 19 de novembro de 2020

Hora: 19:00 h.

Formato: webinar de 40 minutos + coloquio e/ou preguntas


ECONOMÍA

Temática: INCERTEZA E CICLO ECONÓMICO

Relator: Luis Caramés Viéitez. Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Académico numerario da RAGC

Data: 26 de novembro de 2020

Hora: 19:00 h.

Formato: webinar de 40 minutos + coloquio e/ou preguntas


PESCA, ACUICULTURA E BIOTECNOLOXÍA

Temática:

MICROALGAS: MICROFACTORÍAS VERDES: Concepción Ferreiro López. Catedrática de Bioloxía do Departamento de Microbioloxía da Universidade da Coruña

O MAR, FONTE DE SAÚDE: BENEFICIOS DO CONSUMO DOS PRODUTOS DA PESCA E DA ACUICULTURA: Isabel Medina Fernández Profesora de Investigación do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do CSIC, Vigo. Coordinadora nacional da Área de Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos do CSIC

Data: 3 de decembro de 2020

Hora: 19:00 h.

Formato: webinar de 20 minutos por relatora + coloquio e/ou preguntas

Hora

(Xoves) 19:00

Localización

Formato Webinar

Está pasando!