I congreso Atlantic Meet

xov15setConsultarI congreso Atlantic MeetToni Nadal, Emilio Duró, Elsa Punset e Mario Alonso Puig(Consultar: xoves) Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Potenciar as relacións e o crecemento empresarial dunha forma adaptada ao século XXI, pero sen perder os valores de proximidade que tiveron éxito no pasado, é o principal obxectivo do I congreso Atlantic Meet, que terá lugar no Pazo da Cultura entre os días 12 e 13 de maio e que contará no seu programa con relatores da talla de Toni Nadal, Emilio Duró, Elsa Punset e Mario Alonso Puig. 

O evento, organizado en colaboración con Turismo de Pontevedra e a Xunta de Galicia, centrarase nas ‘Relacións persoais’ e está especialmente dirixido a aquelas persoas, sexan traballadores privados ou públicos, autónomos ou empresarios, que desexen fomentar vínculos, formarse, facer contactos, gañar visibilidade e desfrutar.

Ademais de poder gozar de relatorios de primeiro nivel e de mesas redondas con temas de actualidade, os asistentes ao simposio contarán con espazos para realizar comunicacións dos seus proxectos e empresas e de diversas actividades ‘satélite’ de lecer arredor do mesmo: roteiros turísticos, unha ruta de tapas pola cidade e un cóctel-concerto.

O programa de actividades en torno ao congreso dará comezo o 9 de maio cunha formación en habilidades directivas que se desenvolverá durante toda esa semana (ata o 13 de maio) e na que se abordarán aspectos como a comunicación, o liderado, a xestión emocional e de equipos, o márketing e venda, a confianza…

Á marxe da propia formación, os asistentes a este curso, que terá unha duración dunhas 18 horas e que tamén inclúe actividades de networking, participarán nun proceso de psicoloxía empresarial co que poderán continuar a súa mellora e desenvolvemento persoal.

Aos relatorios de grandes expertos e expertas no campo da empresa e o crecemento persoal e de equipo sumaranse mesas redondas con temas actuais e de interese, como a internacionalización a través do Camiño de Santiago ou a economía circular, e espazos de exposición no que as empresas terán a oportunidade de presentar os seus proxectos. Dentro do congreso haberá pinchos networking, cafés de empresarios e comidas para establecer relacións con outros participantes, e despois de traballar, facer contactos e aprender, haberá espazo para desconectar cun pouco de lecer a través dunha festa-cóctel que terá lugar o 12 de maio e ao que asistirán persoas do mundo da empresa para desfrutar dunha boa comida, boa compañía e un concerto. Todo a cargo de Pepe Solla e do equipo de Casa Solla.

Entradas á venda desde o venres 18 de marzo

O evento está aberto a todo o mundo, non só empresari@s e autónom@s, senón tamén a empregados en xeral ou funcionarios, que desexen escoitar as conferencias ou asistir ao cóctel (de feito, poden expoñerse proxectos persoais). As entradas estarán á venda a partir do venres 18 de marzo na web do evento: www.atlanticmeet.com.

Haberá dúas franxas temporais de prezos, a primeira ata o 13 de abril, con tarifas moi especiais, e a segunda desde o 13 de abril ata o congreso.

Está pasando!