II Encontro Nacional de Políticas Públicas de Igualdade

mér01xuñ09:30II Encontro Nacional de Políticas Públicas de IgualdadeEscola María Vinyals da Deputación de Pontevedra09:30 Castelo de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Castelo de Soutomaior volverá converterse no epicentro nacional da análise das Políticas Públicas de Igualdade en España coa segunda edición do Encontro organizado pola Escola María Vinyals da Deputación de Pontevedra e que terá lugar os días 1 e 2 de xuño. As xornadas, que este ano terán como temas centrais a violencia sexual e a situación da igualdade na Universidade e na Cultura, reunirán a quince mulleres, as maiores referentes do feminismo do Estado, para ofrecer trece horas de debate, entre as que se atopan Victoria Rosell, delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Nuria Varela, directora xeral de Igualdade do Principado de Asturias, Alda Facio, xurista feminista e experta internacional en xénero e dereitos humanos, Soledad Murillo ex secretaria de Estado de Igualdade, ou Rosa San Segundo, presidenta de EUFEM, que agrupa aos centros e institutos de estudos feministas e de xénero.

O Congreso forma parte do proxecto global de políticas de igualdade enfocadas á educación que desenvolve a Deputación coa Escola e que, coordinadas pola experta Rosa Cobo, inclúen tamén a formación levada a cabo en institutos e o programa Canteira de Igualdade, dirixido á implicar á mocidade como axentes do feminismo e que vén de finalizar. A presidenta, Carmela Silva, acompañada de Rosa Cobo, e de Priscila Retamozo, coordinadora de Canteira de Igualdade, presentaron o programa que, como dixo Carmela Silva, forma parte da idea de ter cada ano “unha posición clara de políticas públicas neste camiño da igualdade que queremos construír xuntas”.

II Encontro Nacional sobre Políticas Públicas, para o que hoxe mesmo se abre a inscrición nesta ligazón , será presencial e retransmitido tamén por streaming na web e nas redes da Deputación. Como destacou Carmela Silva, se a primeira edición “foi un encontro nacional de primeirísimo nivel” coa participación de mulleres do mundo local, técnico, político ou do asociacionismo, este ano será “potentísima” e o foco estará posto en temas como a violencia sexual, o lugar que ocupan os estudos feministas na Universidade e na resignificación do patrimonio literario e a cultura “como elementos transformadores do pensamento” e na axenda feminista. “Pontevedra volverá ser a provincia da igualdade ao lado destas quince extraordinarias mulleres que son das mellores expertas nestes eidos”.

A coordinadora do simposio, Rosa Cobo, indicou que no 2021 o programa do Encontro abordou as políticas públicas cun carácter xeral, mentres que esta edición falará sobre violencia sexual, “porque pensamos que se hai que facer unha reflexión e se hai que facer políticas de fondo para confrontar un problema, é o da violencia contra as mulleres e en particular a sexual”. Deste xeito, afondarase na loita contra violencia e prestarase atención á situación das adolescentes, á cultura da violación, á prostitución e á pornografía. “É imposible entender o aumento dos delitos sexuais entre menores de idade se non poñemos o foco na pornografía -dixo-. É unha reflexión global potente porque imos a poñer o foco en aspectos cruciais para reflexionar e pensar en medidas”. O segundo bloque analizará a Universidade co punto de partida de que “o feminismo é unha liña de investigación que non ten o apoio e espazo suficiente na Universidade”. Finalmente o día 2 analizaranse as políticas da “alta e baixa cultura, porque desde delas se está a crear un imaxinario non só sobre o que somos, senón do que debemos ser”.

Tanto Rosa Cobo como Priscila Retamozo destacaron a aposta da Deputación pola igualdade, “porque nos últimos anos nos quedamos orfas de institucións que fixesen da igualdade unha referencia fundamental, e necesitamos que haxa institucións que retomen ese papel. “Creo que a Deputación estano a facer e tense convertido nun referente a nivel nacional”, destacou Cobo.

Canteira de Igualdade “Hai esperanza”

Por outra banda, Carmela Silva e Priscila Retamozo fixeron balance do programa Canteira de Igualdade, “unha iniciativa única no Estado” que persegue a formación de mozas e mozos que naceu cunhas charlas previas levadas a cabo en diversos institutos para continuar despois a labor de formación con sesións especializadas que tiveron lugar durante dez sábados na sede da Deputación en Vigo. Participaron un total de vinte mozas, mozos e docentes, que durante 40 horas de formación afondaron en temas como a división sexual do traballo, o amor, as redes sociais, a historia do feminismo, a cultura da violación, a pornografía ou a prostitución. Retamozo coordinou o equipo de relatoras destas sesións, formado polas expertas Mercedes Oliveira; Luisa Abad; Amada Traba; Lola Varela; Amara Pérez; Mónica Baleirón e Lucía Coutado.

Mércores 1 de xuño de 2022

Horario de mañá

  • De 9:30 a 9:45 h Apertura do encontro e benvida
    Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra
  • De 9:45 a 11:15 h “A violencia sexual como vulneración dos dereitos humanos. O papel das Nacións Unidas”
    Nuria Varela Menéndez, directora xeral de Igualdade do Goberno do Principado de Asturias
    Alda Facio, xurista feminista, escritora, docente e experta internacional en xénero e dereitos humanos
  • De 11:15 a 12:15 h “Violencia sexual en adolescentes”
    Chis Oliveira, catedrática de Filosofía e coordinadora do Comando Igualdade
    Priscila Retamozo, politóloga, mestrado en Igualdade de Xénero na Universidade de Málaga, coordinadora do proxecto coeducativo “Canteira de igualdade”
  • De 12:15 a 12:45 h Pausa para o café
  • De 12:45 a 14:15 h “Violencia sexual, cultura da violación e da explotación sexual”
    Luisa Posada Kubissa, profesora titular de Filosofía da Universidade Complutense de Madrid
    Rosa Cobo Bedia, profesora da Universidade da Coruña e escritora feminista

Horario de tarde

  • De 16:15 a 17:45 h “Que lugar ocupan os estudos feministas na universidade?”
    Soledad Murillo de la Vega, profesora de Socioloxía da Universidade de Salamanca
    Rosa San Segundo, presidenta de EUFEM, plataforma que agrupa os centros e institutos de estudos feministas e de xénero
  • De 17:45 a 19:15 h “Igualdade na docencia e investigación: retos pendentes”
    Isabel Menéndez, Universidade de Burgos
    Inma Pastor, Universidade Rovira i Virgili de Barcelona
    Águeda Gómez, Universidade de Vigo

Xoves 2 de xuño de 2022

Horario de mañá

  • De 9:30 a 10:30 h “Violencia contra as mulleres e políticas de igualdade”
    Victoria Rosell Aguilar, delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero
  • De 10:30 a 11:30 h “A ignorancia non é un ben. Cara a unha resignificación do patrimonio literario”
    Anna Caballé, escritora e expresidenta de Clásicas y Modernas
  • De 11:30 a 12:00 h Pausa para o café
  • De 12:00 a 13:30 h “Igualdade na cultura. Que poden facer as políticas públicas?
    Alba González Sanz, investigadora feminista, experta en políticas de igualdade en cultura
    Asunción Bernárdez, catedrática de Comunicación da Universidade Complutense de Madrid
  • 13:30 h Conclusións
    Rosa Cobo Bedia, profesora da Universidade da Coruña e escritora feminista

O encontro conta con servizos de interpretación en lingua de signos

Inscrición gratuíta en www.depo.gal

Prazas limitadas ata completar aforo

Data límite de inscricón: 30 de maio de 2022

Hora

(Mércores) 09:30

Localización

Castelo de Soutomaior

Rúa do Rial, s/n, 36691, Soutomaior

Está pasando!