Vegana Gal 2021 | © Carlos Casanova

II Feira Vegana e Sostible de Galicia

sáb02xul10:00sáb21:00II Feira Vegana e Sostible de GaliciaInstituto Feiral de Vigo10:00 - 21:00 IFEVI - Vigo

Detalles do Evento

A Segunda Feira Vegana e Sostible de Galicia celebrarase os días 1, 2 e 3 de xullo en IFEVI, Vigo.

A alimentación é sen dúbida una das mellores ferramentas, e ao alcance de todas as persoas, que temos para axudar a salvar o planeta e a mellorar a nosa saúde.

Do coidado que poñamos na nosa alimentación depende o noso sistema inmunológico, así como as redes comerciais de proximidade e o propio ecosistema.

Esta feira nace, por tanto, da necesidade de mostrar ao público galego e do norte de Portugal todas as empresas estatais e —sobre todo— da nosa comunidade autónoma, especializadas nunha produción vegana e sostible. Porque se algo nos están demostrando tanto a pandemia do Covid-19, como o quecemento global, a contaminación e o plástico que campan ás súas anchas nos nosos océanos acabando coa súa biodiversidade, é que necesitamos un profundo cambio de hábitos.

A proposta de Vegana incide nese cambio, na necesidade de propiciar un consumo máis responsable e sostible, e de facelo dun modo asertivo, pedagóxico e, por que non, tamén divertido.


Vegana Gal 2021 | © Carlos Casanova

Coa intención de mostrar ao público todo tipo de alternativas e novidades, Vegana abarcará os seguintes contidos:

  • Casetas expositoras e food trucks
  • Showcookings da man de recoñecidas cociñeiras veganas que mostrarán outros modelos gastronómicos.
  • Charlas e debates sobre educación ambiental, nutrición, sustentabilidade e veganismo.
  • Talleres sobre sustentabilidade onde aprender a dar o paso cara a un estilo de vida máis ecolóxico.
  • Mostras e catas de produtos alimenticios como queixos veganos, chourizos de cabaza, hamburguesas hiperrealistas ou repostería, así como alternativas ao plástico, ao papel de aluminio e aos envases dun só uso.
  • Representantes de Santuarios e Ong darán a coñecer o imprescindible labor que realizan polos animais e o coidado do planeta
  • Punto de encontro para profesionais do sector.
  • Como evento inclusivo, a feira contará con ludoteca para o público máis pequeno onde poderán desenvolver todo tipo de actividades coidadosamente adaptadas á súa idade.

Vegana Gal 2021 | © Carlos Casanova

HORARIO

Venres: de 11:00 a 19:00 horas. Sábado e domingo: 10:00 a 21:00 horas. (Poderase acceder ao recinto con entrada a calquera hora dentro de devandito horario).

TIPOS DE ENTRADA

– Entrada simple anticipada: entrada xeral para un dos tres días: venres, sábado ou domingo.

– Poderase acceder ao recinto o día escollido a calquera hora dentro do horario establecido.

– Abono para os tres días: adquirindo o abono, poderase acceder ao recinto calquera dos tres días ou os tres.

– Entrada gratuíta: a entrada gratuíta é válida para un dos tres días: venres, sábado ou domingo.

– Poderá ser adquirida para maiores de 65 anos, para menores de 12 anos, para persoas en situación de desemprego e para persoas con diversidade funcional.

– Durante o evento haberá venda en despacho de billetes, o prezo de cada entrada será de 5 € e será para un só día.

– Entradas anticipadas á venda en woutick.es

Hora

(Sábado) 10:00 - 21:00

Localización

IFEVI

Avda. do Aeroporto, 772. 36318 Vigo

Está pasando!