This is a repeating event

II Marín Gaming Fest

dom16outConsultarII Marín Gaming FestConcello de Marín e Gaming Troop(Consultar: domingo) Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

O 15 e o 16 de outubro volverá ao Pavillón da Raña o II Marín Gaming Fest, organizado polo Concello de Marín e Gaming Troop.

De novo, contarase cos torneos, con premio en metálico, de Super Smash Bros, Ultimate e League of Legends. “Para dar máis variedade ao evento e que poida xogar máis público, aumentarase o número de videoxogos dispoñibles, que terán xogo libre e pequenos torneos, como Mario Kart, Dragon Ball FB Z, Fornite, Fall Guys, Fifa22, Just Dance, Rocket League ou Switch Sports”, explican desde a organización. Ademais, manterase a zona de simracing con dous dos postos de volante de Gaming Troop e o xogo Project Cars 2.

A novidade deste ano será unha zona VR onde os asistentes poderán probar a experiencian das gafas de realidade virtual a través do xogo de ritmo Beat Saber. Ademais, nun evento coma este non pode faltar o concurso de cosplay, onde poñer a proba as habilidades de costura, patronaxe e interpretación dos que participen, que poderán ser até 50.

O “jugger” tamén terá o seu propio espacio, onde se poderá probar a aprender este deporte, facendo demostracións de partidos deste xogo. Completarána programación diversos obradoiros e charlas de interese, ademais dun concerto de música de videoxogos-anime, grazas ao artista Yell0.

Ademais, para que os asistentes poidan desfrutar das actividades que se celebrarán durante todo o día, instalaranse varios foodtrucks diante do pavillón.


Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!