maio, 2021

19maiTodo o día21maiII Xornadas sobre a industria musicalCabos Soltos(Todo o día) Pazo da Cultura, PontevedraEvento tipo:Formación,Música

Detalles do Evento

Enmarcada na programación da segunda edición de Cabos Soltos, os días 19, 20 e 21 de maio o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá as II Xornadas sobre a industria musical, que contará con 9 obradoiros e relatorios sobre a industria musical.

Unhas xornadas onde músicos e creadores poderán ter contacto con diferentes profesionais da industria.

Ademais disto, o domingo 23 teremos a Ortiga en concerto na Praza da Ferraría.

Para participar nestas xornadas é preciso inscribirse a través do formulario dispoñible na páxina web cabossoltos.pontevedra.gal

Optimización da contorna dixital

Ao longo dos tres días intercalaranse relatorios con obradorios, estes últimos especialmente dirixidos a artistas e axentes culturais, de cara a dotalos de ferramentas para optimizar o rendemento no exercicio do seu labor profesional. Así, traballaranse cuestións como a propiedade intelectual na internet, a monetarización da creación cultural en plataformas dixitais, e como optimizar ferramentas dixitais na autoxestión na industria musical.

Estes obradoiros estarán a cargo de Diego Parajó, de Xeneme Innovación Social e do Local de Música de Pontevedra, de Miguel Martorell, director de Altafonte Spain, e de Belén Álvarez, abodada en Gabeiras&Asociados.

Nos relatorios, abordaranse temas como a exposición constante que a contorna dixital demanda dos e das artistas, o papel das institucións nun momento de crise como o actual, o futuro das salas de concertos ou a revisión do modelo dos festivais musicais tal e como se coñecía antes da irrupción da pandemia.

Hora

maio 19 (Mércores) - 21 (Venres)

Localización

Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra

Pazo da CulturaRúa Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!