III Mostra Creativa do Baixo Miño na Guarda

sáb29xul10:30sáb22:00III Mostra Creativa do Baixo Miño na GuardaConcello da Guarda10:30 - 22:00 Praza de Avelino Vicente - A Guarda

Detalles do Evento

Concello da Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que teñen na comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.

Ao igual que o ano pasado, a Mostra Creativa do Baixo Miño coincidirá en data coa Festa do Peixe Espada, polo que existirá unha programación de actividades conxunta e que complemente a ambos eventos. Desde o Concello agradecen a boa disposición para sumar esforzos de ORPAGU e establecer lazos de colaboración.

Invitan a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que revisen as bases publicadas no taboleiro de anuncios e a envíen ao correo electrónico mostracreativabm@gmail.com


Hora

(Sábado) 10:30 - 22:00

Localización

Praza de Avelino Vicente

Praza de Avelino Vicente 36788 A Guarda, Pontevedra

Está pasando!