III Premio 'Alberte Quiñoi' de Álbum Ilustrado

ven11nov00:00sáb11feb23:59III Premio 'Alberte Quiñoi' de Álbum IlustradoConcello da Estrada, Editorial Galaxia e Xunta de Galicia(novembro 11) 00:00 - (febreiro 11) 23:59 Concello da Estrada - A Estrada

Detalles do Evento

Poderán optar ao III Premio ‘Alberte Quiñoi’ de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto, concedéndoselles similar importancia.

O(s) autor(es) ou autora(s) garantirán a autoría e orixinalidade da obra presentada ao premio, así como que non é copia ou modificación de ningunha obra allea nin integral nin parcialmente.

Establécese un premio único de 4.000 euros para o gañador ou gañadora. De seren dúas ou máis as persoas gañadoras, a contía do premio repartirase equitativamente entre todas elas.

O álbum gañador será publicado pola Editorial Galaxia.

O prazo de admisión de orixinais rematará o 11 de febreiro. Os álbums deberán enviarse ao seguinte enderezo: III Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, Concello da Estrada, Praza da Constitución, 1 – 36680 A Estrada (Pontevedra).

Este premio concederase de acordo coas seguintes bases.


Hora

Novembro 11 (Venres) 00:00 - Febreiro 11 (Sábado) 23:59

Localización

Concello da Estrada

A Estrada

Está pasando!