'Ikigai'

dom26set19:30dom23:50'Ikigai'compañía su.ma.19:30 - 23:50 Centro Cultural Municipal do Porriño - O Porriño

Detalles do Evento

O domingo 26 de setembro, o exterior do Centro Cultural do Porriño acolle a representación de ‘Ikigai’, un espectáculo familiar de danza, circo, teatro xestual e música da compañía SU.MA (Sue Moreno e María Move).

Un espectáculo sobre a superación persoal e o sentido da vida. Teatro físico, acrobacia aérea, danza e belcanto en clave de clown.

A vida non sempre é coma planificamos. Unha inesperada visita irrompe na tranquila vida de Molki. Ante o estupor inicial comeza unha delicada xornada chea de retos, conflitos, descubrimentos e superación.

Ikigai: unha mirada optimista e evocadora da alegría de vivir, na que calquera “catástrofe” pode tornarse na chave para chegar máis profundo ao corazón.

Premio do Público no Festaclown 2020.

Hora

(Domingo) 19:30 - 23:50

Localización

Centro Cultural Municipal do Porriño

Domingo Bueno, 9 - 36400 O Porriño

Está pasando!