'Illas desertas' en Vigo

ven11feb20:00'Illas desertas' en VigoVigocultura20:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Dentro da programación municipal de artes escénicas Vigocultura, a compañía ArtesaCía presenta a obra de teatro ‘Illas desertas’.

Cal foi a túa última experiencia inútil? Illas Desertas válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earthart e da expedición antártica do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural, polo seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles.

Os protagonistas desta historia convidan o público a través dos seus móbiles para subirse a bordo dunha expedición cara a unha illa deserta, que flota no espazo-tempo (no Pacífico, na Antártida, na Indonesia de hai 40.000 anos?).

Esta viaxe fraccionada en etapas convértese nun acto poético e nunha experiencia, unha bela aventura contemporánea na que se mostra outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual atafegada polo éxito, as metas e a posesión de bens.

  • Vestiario e escenografía: Esther Quintas e Artesacía
  • Cinema en directo: Roi Fernández
  • Música e iluminación: Héctor Pazos
  • Técnica multimedia: Susana Méndez
  • Produción: Laura Villaverde
  • Texto: Sebastián Álvaro e ArtesaCía
  • Colaboración tecnolóxica: La Fura Dels Baus
  • Elenco artístico: Laura Villaverde, Roi Fernández, Héctor Pazos e Susana Méndez
  • Idioma: Galego
  • Idade recomendada: Público adulto
  • Duración: 60 min.

  • Entradas anticipadas desde 8,00 euros á venda en giglon.com
  • Abonos (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
    • Abono á carta 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
    • Abono á carta 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!