'Illas desertas'

ven19nov21:00'Illas desertas''Tornar ás táboas'21:00 Concello da Guarda - A Guarda

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’ da Deputación de Pontevedra, o venres 19 de novembro no salón de actos do Centro Cultural da Guarda, ArtesaCía porá en escena a obra ‘Illas desertas’.

Laura Villaverde e Roi Fernández​​ son os encargados da dirección, dramaturxia e posta en escena da obra.

Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural, polo seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles.

Os protagonistas desta historia convidan ao público, a través dos seus móbiles, a subirse a bordo dunha expedición cara a unha illa deserta, que flota no espazo-tempo.

‘Illas desertas’ válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición antártica do explorador Ernest Shackleton.

O resultado é unha aventura contemporánea na que se mostra outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual.

As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural da Guarda en horario de 16:00 a 21:00 horas.

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Concello da Guarda

Está pasando!