Introdución á Programación

dom01maiConsultarxov15setIntrodución á ProgramaciónConecta Emprego | Concello de Pontevedra(Consultar) Actividade online -

Detalles do Evento

Gustaríache descubrir a linguaxe da era dixital e o mundo apaixonante da programación?

Estás no lugar adecuado para iso! Descobre que a túa idea pode chegar a converterse nunha aplicación, un programa, un software, en definitiva, que fará o que lle pidas, convertendo os procesos e as contornas de traballo nunha contorna máis eficaz e forte que nos permita a todos competir cos máis grandes programadores a nivel internacional.

Lista de módulos:

  • Módulo 0. Presentación
  • Módulo 1. Fundamentos da programación
  • Módulo 2. Estruturas de control
  • Módulo 3. Estrutura de datos
  • Módulo 4. Funcións e programas
  • Módulo 5. Librerías de código
  • Módulo 6. Obxectos e proxecto

PERIODO DE INSCRIPCIÓN: Ata o 15/09/22

HORAS FORMATIVAS: 30 h.

MODALIDADE: Online (accesible 24h.)

QUEN PODE INSCRIBIRSE?:  Maiores de 18 anos.

CONOCIMIENTOS PREVIOS / NIVEL DE ESTUDIOS REQUERIDO: Sen requerimentos previos.

CRITERIO PARA SUPERAR O CURSO: Obter entre todas próbalas test unha nota media igual ou superior ao 70%.

+info e inscrición aquí.


Oferta formativa de Conecta Emprego para cidadáns de Pontevedra

En Conecta Emprego preparámoste para orientar a túa carreira profesional cara a un sector con grandes posibilidades na nova realidade laboral: o dixital.

Ofrecemos cursos en liña gratuítos de calidade e ferramentas para orientarte e formarte nas competencias tecnolóxicas con máis demanda de emprego.

Poñemos á túa disposición unha selección de cursos en liña de balde, para que desenvolvas as competencias dixitais máis demandadas do momento. Estes cursos en formato de autoestudo teñen unha duración de entre 20 e 40 horas, e pódelos realizar ao teu ritmo.

Contan con actividades prácticas para poñer en uso os coñecementos adquiridos e distintos foros onde poderás interactuar co resto do alumnado.

Hora

Maio 1 (Domingo) - Setembro 15 (Xoves)

Localización

Actividade online

Está pasando!