This is a repeating event

'Iphixenia na porta do super', en Vigo

sáb06mai20:00sáb23:50'Iphixenia na porta do super', en VigoCOMPAÑÍA HUMANA20:00 - 23:50 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 6 e o domingo 7 de maio ás 20:00 horas, a Cía. Humana presenta na Sala Ártika a obra ‘Iphixenia na porta do súper’.

Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación extraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda.

Se no mito clásico ‘Iphixenia’ era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar ós deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina.

Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos… Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

  • Idade recomendada: +12 anos
  • Duración: 75 minutos

Entradas anticipadas a 10 euros + gastos de xestión  (dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función) en artikavigo.com e a 14 euros na billeteira.


Hora

(Sábado) 20:00 - 23:50

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!