Javi Sancho en 'Del deporte también se sale'

ven03xuñ22:30Javi Sancho en 'Del deporte también se sale'unha relación de amor-odio co deporte22:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Boas! Son Javi, de verdade, isto escríboo “de min pa’ti”. O que estás a ler é a sinopse do meu novo show, normalmente isto escríbese para explicar un pouco de que vai o espectáculo, pero eu ademais aproveito para saudarche e darche a benvida.

Cóntoche un pouco: considero deportista de elite desde o que leva anos pensando en apuntarse a un ximnasio ata o que gaña a Volta España. Unha vez temos claro de que es un dos “deportistas de elite” ele­ xidos para formar parte do meu show, vou ser totalmente sincero; neste espectáculo falo da miña relación amor/odio co deporte e da febre deportiva que nos rodea, os dous sabemos que a xente se está volvendo tola, poida que sexas un deles, pero ti molas, os outros non tanto.

Vou explicar en confianza experiencias nas que estou seguro de que che vas a sentir identificado, entendo que non o chegues a recoñecer nunca por manter a túa dignidade, faino ti, que aínda podes. Ademais, vouche coar moitas cousas máis: traumas provocados polas miñas relacións sentimentais ao longo da miña vida, leadas de familia, actualidade sobre programas de tele­visión…

Se vés verme por ler isto, ao terminar o show disme “Veño polo que ti e eu sabemos”. Prométoche que o que pase no show, queda no show, pola miña banda, ti podes contar todo o que queiras ao saír. Seguramente liches sinopses moito máis chulas, pero o tema é que o dei todo montando o show e a isto xa cheguei “mu cansao”. Espérote no teatro!

Espectáculo recomendado para maiores de 16 anos.

Entradas anticipadas á venda desde 17 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 22:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!