novembro, 2020

29nov18:00"Jon Braun"Anita Maravillas Teatro18:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo, VigoEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

Anita Maravillas Teatro presenta o espectáculo infantil e familiar “Jon Braun”.

No noso poboado indio reina a alegría. Un día, as vidas de Jon Braun e a súa irmá Malintxe sepáranse. A valente irmá é capturada, pero ela nunca esquecerá a Jon Braun e as súas orixes.

O pequeno indio decidirá ir na procura da súa irmá.

Unha emocionante historia que conta como o amor pode vencer á adversidade.

Recomendado para maiores de 4 anos.

Prezo: 5,00 €. Entradas á venda en eventbrite.es


NORMAS ESPECIAIS COVID-19

O Auditorio Municipal do Concello de Vigo conta cun protocolo específico COVID de obrigado cumprimento para todo o público asistente. Será obrigatorio o uso da máscara de protección así como o mantemento da distancia física interpersoal de seguridade. En calquera caso, deberá seguirse en todo momento as indicacións do persoal da sala. En calquera momento, e segundo a evolución da pandemia e as indicacións das autoridades sanitarias, poderán modificarse ou ampliarse estas medidas.

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!